Genaro da Silva Méndez, nado en Mourente (Pontevedra) en 1980, é un biólogo e poeta galego. Traxectoria Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e enxeñeiro técnico forestal pola Universidade de Vigo, é doutor en Biodiversidade e Ecosistemas e realizou estudos musicais no conservatorio de Pontevedra. Traballa en proxectos de ecoloxía e conservación, principalmente con libélulas e bolboretas en Portugal.Unha tese constata o risco de extinción de dúas especies de libélula en Galicia É editor da revista e da páxina tr3sreinos.com no concello de Vinhais.

Para Da Silva a poesía é unha forma de coñecemento que permite achegarse mediante a linguaxe a aquilo que a linguaxe non consegue dicir; e debe abrir xanelas, ser liminar perante o descoñecido; o poeta debe correr riscos.

Obras En castelán Mudanzas (2008). Prensas de la Universidad de Zaragoza. 84 páxs. ISBN 9788477330219. miniatura|Acompañando a Chus Pato na presentación do seu Sonora, Libraría Paz de Pontevedra, 2024

En galego Esguello (2015). En colaboración coa pintora Carolina Munaiz, a través da Fundación Cuña-Casasbellas. ISBN 978-84-935925-8-5 Lahdnets (2018). Libro obxectual co pintor Gabriel Viñals. Flor negra (2018). Chan da Pólvora. ISBN 9788494769887. O pintor cego (2021). Officium Lectionis Ediçoes. ISBN 9789898029874. Traducido ao portugués. Gacela (2024). Chan da Pólvora. ISBN 978-84-127711-6-9.

Premios 2006: Premio de Poesía Universidade de Zaragoza, con Mudanzas. 2017: Premio de Poesía Universidade de Vigo, con Hadewijch.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Genaro da Silva Gacela, a poesía ficción amorosa, confesional e descritiva de Genaro da Silva. | CRTVG Genaro da Silva e Olvido García-Valdés no recital Poetas Di(n)versos. Luns 13 Decembro 2021.

Categoría:Biólogos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1980 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo