Ramona Maneiro Castro, nada na Pobra do Caramiñal en 1961, é unha activista a prol da morte digna e a eutanasia.Entrevista en el programa de Ana Rosa Quintana. Varios vídeos.'El que llama asesinato a la eutanasia no tiene vergüenza' , Galiciae.com, 14 de decembro de 2008.

Traxectoria Ramona Maneiro saltou á fama debido á súa relación sentimental con Ramón Sampedro, un mariño e escritor galego, tetrapléxico desde os 25 anos. Debido á súa situación e tras anos de vivir prostrado nunha cama, Sampedro decidiu acabar coa súa vida. Para poder suicidarse necesitaba axuda e asistencia, xa que a súa condición de tetrapléxico lle impedía facelo en por si. Mais isto podería carrexar problemas legais aos seus asistentes, xa que poderían incorrer en delito segundo a lexislación vixente española. Para solucionalo e dar a coñecer o seu problema, Sampedro desenvolveu unha intensa actividade a favor da eutanasia, tanto a través dos medios de comunicación como xudicialmente.

Na súa longa loita polo dereito a unha morte digna, Sampedro estivo apoiado por diferentes colectivos favorábeis á despenalización de eutanasia. Finalmente, Ramón morreu na súa casa de Boiro o 12 de xaneiro de 1998 por envelenamento de cianuro potásico, axudado pola súa amiga Ramona Maneiro. Esta foi detida días despois, mais non foi xulgada por falta de probas.

Autoinculpación Sete anos despois, unha vez que o delito prescribiu, Ramona admitiu en televisión facilitarlle a Ramón o acceso ao veleno que lle causou a morte e gravar o vídeo onde este pronunciu as súas últimas palabras.Ramona Maneiro admite ante el juez que ayudó a morir a Sampedro, El País 10/02/2005.Ramona Maneiro confiesa, tras prescribir el delito, que ella puso el cianuro a su amigo Ramón Sampedro, El Mundo 11/01/2005. Tras as súas declaracións, o fiscal pediu reabrir o caso de Ramón Sampedro.

Prescribe o delito de Ramona Maneiro Segundo o portavoz do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), Enrique López, as confesións de Maneiro puideron derivar nunha investigación, e mesmo ser axuizada, mais «en ningún caso condenada». En España, o prazo para a prescrición do delito é de cinco anos se a pena que se impuxo fose de máis de tres e menos de cinco anos de cárcere. O período comeza a contar o día do sobresemento da causa, o 12 de novembro de 1999. Por iso, Ramona Maneiro é libre desde o 12 de novembro de 2004.

Polémica coa familia de Ramón Sampedro A familia de Sampedro sempre estivo en contra da decisión deste de pór fin á súa vida. Tamén acusou a Ramona Maneiro de asasinato. Obras que recollen os acontecementos Películas En 2001 Roberto Bodegas levou ao cine a historia de Ramón co filme para televisión Condenado a vivir, protagonizada por Ernesto Chao que daba vida a Ramón Sampedro. En 2004 Alejandro Amenábar levou ao cine a historia de Ramón coa película Mar adentro, protagonizada por Javier Bardem que daba vida a Ramón Sampedro. A película foi encomiada por público e crítica e recibiu varios premios, entre eles o Premios Óscar á mellor película estranxeira e 14 premios Goya.

Libros Ramón Sampedro, Cartas desde el infierno Ed. Planeta. 1996 Ramona Maneiro, Querido Ramón. Un testimonio de amor, Ed. Temas de Hoy (Planeta). 2005

Notas

Véxase tamén Outros attigos Eutanasia Ramón Sampedro Mar adentro Dereito a morrer

Ligazóns externas Entrevista a Ramona Maneiro. Encuentros digitales. Os lectores de El Mundo pregúntanlle a Ramona Maneiro. Entrevista no programa de Ana Rosa Quintana. Varios vídeos. Conversación con Ramona Maneiro, vídeo en Youtube. Dereito a Morrer Dignamente.

Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados na Pobra do Caramiñal Categoría:Activistas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes