Skellefteå é unha cidade sueca no condado de Västerbotten e é a capital do municipio de Skellefteå. No ano 2017 tiña 72 723 habitantes.
Skellefteå é unha cidade industrial histórica, sendo a minería, principalmente a do ouro, unha das industrias máis importantes. Politicamente é un importante bastión do Partido Socialdemócrata Sueco. A cidade é moi coñecida polo seu equipo de xoquei sobre xeo, o Skellefteå AIK, que xoga na principal división do país gañando o título en varias ocasións.
A cidade fundouse no ano 1845 e medrou principalmente durante as décadas de 1950 e 1960 ata case alcanzar o seu tamaño actual. É a segunda cidade máis grande de Västerbotten tras Umeå e atópase a medio camiño entre esta e Luleå, a uns 15 quilómetros da costa do golfo de Botnia.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial de Skellefteå
Categoría:Cidades de Suecia Categoría:Condado de Västerbotten