Carlos Valdés García, nado en Madrid en 1974, é un filólogo, ilustrador e tradutor, residente en Galicia. É cofundador canda Celia Recarey da editorial Irmás Cartoné"Quen Somos" , na páxina web da editorial..

Traxectoria É licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid.

É responsable da tradución ao galego de obras de Nella Larsen, Nathanael West ou H. G. Wells.

É un dos membros responsables da Mesa do Libro de Compostela, coorganizadora da Semana do Libro de CompostelaA segunda edición da SELIC encherá a Quintana de actividades arredor do libro do 1 ao 10 de xuño ..

Obra Traducións ao galego O triunfo do ovo, de Sherwood Anderson, 2015, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-942570-3-2 (traducido xunto con Celia Recarey) Nunha pensión alemá, de Katherine Mansfield, 2015, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-942570-4-9 (traducido xunto con Celia Recarey) O día da lagosta, de Nathanael West, 2016, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-942570-9-4. Pasar, de Nella Larsen, 2017, Irmás Cartoné. ISBN 978-8494541179. O conto da criada, de Margaret Atwood, 2019, Irmás Cartoné. ISBN 978-84-948421-3-9 (traducido xunto con Celia Recarey) O Grande Hotel Babylon, Arnold Bennett, 2022, Irmás Cartoné (traducida xunto con Celia Recarey) Winesburg, Ohio, Sherwood Anderson, 2024, Irmás Cartoné.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Bitraga.

Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1974 Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid