O centro histórico de Guimarães atópase asociado ao nacemento da identidade nacional portuguesa do século XII. Constitúe un exemplo excepcionalmente ben conservado da evolución dunha localidade medieval cara a unha cidade moderna. A variada tipoloxía de edificacións mostra o desenvolvemento da arquitectura portuguesa entre os séculos XV e XIX, co uso continuo de técnicas e materiais de construción tradicionais. Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 2001.

Arquitectura

Técnicas de construción As técnicas constructivas dominantes son coñecidas como taipa de rodízio e taipa de fasquio. A colocación do xeso constitúe o revestimento final, sobre o cal se aplican pinturas e decoración artesanais. Estas técnicas constructivas, con raíces medievais, continuarán a utilizarse ata os nosos días por ser un proceso constructivo de fácil execución.

“A taipa de rodízio” miniatura|Vivendas tradicionais na Praça de S. Tiago. A taipa de rodízio constitúe unha técnica de construción de paredes exteriores e interiores, soamente utilizada para os andares superiores, xa que o primeiro andar está case sempre construído con granito.

“A taipa de fasquio” A taipa de fasquio é tamén unha técnica de construción de paredes exteriores e interiores, soamente utilizada para os andares superiores ao primeiro. Estas paredes compóñense dunha estrutura de táboas de madeira, ligada con cravos a un segundo plano de táboas, dispostas diagonalmente.

Notas

Categoría:Patrimonio da Humanidade en Portugal Categoría:Guimarães Categoría:Distritos históricos