miniatura|dereita|upright|Krzysztof Penderecki, Gdańsk, 2008. Tren ofiarom Hiroszimy (traducible ó galego dende o polaco como "Laio ás vítimas de Hiroshima") é unha composición musical composta en 1960 por Krzysztof Penderecki para 52 instrumentos de corda. Dedicada ós residentes de Hiroshima asasinados e feridos polo primeiro bombardeo atómico da historia, a composición gañou o terceiro premio na Competición Grzegorz Fitelberg en Katowice celebrada en 1960 e gañou o premio da UNESCO Tribune internationale des compositeurs en 1961.
Emprego nos medios No cinema, empregáronse anacos de Tren ofiarom Hiroszimy en filmes como Children of Men de Alfonso Cuarón, The People Under the Stairs de Wes Craven, a serie de televisión Twin Peaks de David Lynch, e no filme Doppelgänger de Gerry Anderson. Na música, anacos de Tren ofiarom Hiroszimy foron empregados nunha versión da canción de 1991 You Love Us, de Manic Street Preachers e na estrea de SebastiAn Bird Games.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de composicións de Krzysztof Penderecki
Categoría:Composicións musicais de Krzysztof Penderecki