Xherdan Shaqiri, nado en Gjilan o 10 de outubro de 1991, é un futbolista suízo que xoga como centrocampista no Olympique de Lión da Ligue 1 francesa e mais na selección suíza.

Traxectoria Naceu en Kosovo, daquela parte de Iugoslavia, de pais albanokosovares, e emigrou a Suíza cos seus pais e tres irmáns en 1992.

En 2001 principiou a xogar cos equipos xuvenís do FC Basel chegando ao primeiro equipo na tempada 2009/10 con só 18 anos. Suplente nos inicios, logrou un posto no once titular logo da marcha de Eren Derdiyok ao Bayer Leverkusen, e conseguiu tres títulos da liga suíza. En febreiro de 2012 foi traspasado ao Bayern München, onde xogou durante tres anos, antes de ser fichado en xaneiro de 2015 polo Inter de Milán por 15 millóns de euros. Xogou só sete meses no club italiano, sendo traspasado ese mesmo ano ao Stoke City por 12 millóns de libras.

É internacional absoluto coa selección suíza dende 2010. Participou co seu país nas Copas do Mundo de 2010, 2014 e 2018, e tamén nas Eurocopas de 2016 e 2020.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en SoccerBase.com

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Kosovo Categoría:Futbolistas de Suíza Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Basel Categoría:Xogadores do FC Bayern München Categoría:Xogadores do Inter de Milán Categoría:Xogadores do Stoke City FC Categoría:Xogadores do Liverpool FC Categoría:Xogadores do Olympique de Lión Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Suíza Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2018 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022 Categoría:Xogadores da Eurocopa de Fútbol de 2024