A rúa Rego de AugaConcello da Coruña é unha rúa da Coruña situada no barrio da Pescaría da cidade. Dende 1998 é unha rúa peonil.
Historia miniatura|Vista nocturna O nome da rúa indica que nela se recollían as augas da zona. A partir do século XVIII aparece castelanizada como “Riego de Agua”.
No século XIX pasou a levar o nome de rúa de Luchana, en recordo da batalla de Luchana (1836), e entre 1926 e 1931 levou o nome de Alcalde Manuel Casás. Ademais, na zona ocupada polo Teatro Rosalía localizábanse a praza de San Xurxo (diante da parroquia homónima) e a praza da Verdura, empregada como praza de abastos.
No número 38 da rúa fundáronse en 1916 as Irmandades da Fala.
Na rúa Rego de Auga estivo situada ata 1882 a fonte da Fama, logo trasladada á praza de Santo André. Deixou o seu nome á rúa da Fama.
Veciños e negocios En 1888 instalouse no número 6 a primeira central telefónica da cidade.
A existencia de negocios tradicionais fai que estean protexidos dous rótulos da rúa, o do Hotel Alborán e o da confeitería La Gran Antilla. En 1926 fundouse La Fe Coruñesa, unha das tendas máis antigas da cidade.Traspaso de poderes para revivir un comercio
Arquitectura Na rúa Rego de Auga existen varios edificios destacados: Os edificios que teñen a súa fachada principal nos números 3 ao 31 da rúa Rego de Auga e mais o número 1 da rúa Luchana constitúen o conxunto arquitectónico con galerías na fachada que dá á avenida da Mariña. N.º 2, de estilo ecléctico N.os 4, 6, 10, 14, 18-28, 34-50, 54, de arquitectura tradicional N.º 12, de Juan de Ciórraga (1897) N.º 16, edificio ecléctico da segunda metade do século XIX. N.º 58, edificio de Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés
Outro edificio salientable na rúa é o teatro Rosalía de Castro, sede tamén da biblioteca da deputación provincial da Coruña.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Riego de Agua: De desagüe a paseo de lujo
Categoría:Rúas da Coruña