miniatura|280px|Juan de Dios Larraín, Daniela Vega, Sebastián Lelio e Francisco Reyes no Festival Internacional de Cinema de Berlín en febreiro de 2017 Una mujer fantástica é un filme chileno de 2017 dirixido por Sebastián Lelio, escrito por Lelio e Gonzalo Maza, e producido por Juan de Dios e Pablo Larraín. Está protagonizado por Daniela Vega e Francisco Reyes. Foi escollido para competir polo Oso de Ouro na sección principal do Festival Internacional de Cinema de Berlín de 2017. Foi escollido como candidato chileno para os Premios Oscar onde gañou o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 90ª edición dos premios.

Sinopse Marina é unha muller transxénero que vive en Santiago, Chile e traballa como cantante e camareira. O seu mozo Orlando, un home vinte anos máis vello ca ela e co que se mudou recentemente lévaa a cear para celebrar o aniversario dela. Ambos teñen plans de futuro conxuntos, mais esa noite, Orlando esperta atordado e queixándose por non sentirse ben. Marina prepárase para levalo ao hospital, mais el trapeza nas escaleiras. Despois de levalo ao hospital, un médico infórmaa de que Orlando morreu dun aneurisma cerebral.

Personaxes Daniela Vega como Marina Vidal Francisco Reyes como Orlando Onetto Partier Luis Gnecco como Gabriel Onetto Partier Aline Küppenheim como Sonia Bunster Amparo Noguera como Adriana Cortés Nicolás Saavedra como Bruno Onetto Bunster Antonia Zegers como Alessandra Trinidad González como Wanda Vidal Néstor Cantillana como Gastón Alejandro Goic como doutor

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Chile propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 90ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Chile Categoría:Filmes dirixidos por Sebastián Lelio Categoría:Óscar ó mellor filme internacional Categoría:Filmes de Sony Pictures Classics Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados en Chile