Sebastián Lelio Watt, nado en Mendoza o 8 de marzo de 1974, é un director, guionista, produtor e montaxista chileno.

Entre os seus filmes máis relevantes destacan Gloria (2013) e Una mujer fantástica (2017), gañadora do Premio Óscar ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa e segundo filme chileno en obter un premio da Academia (trala curtametraxe animada Historia de un oso en 2016).

Traxectoria artística Ingresou en xornalismo aínda que quería estudar cinema, pero nun principio non logrou convencer ós pais, aínda que estes ó final terminaron por ceder. A súa primeira curtametraxe, 4, filmouna sendo estudante, en 1995; fixo varias máis antes de estrear a súa primeira longametraxe en 2005, en San Sebastián: La sagrada familia. Rodada en tres días e editada durante case un ano, este filme participou en máis de cen festivais e recibiu vinte e oito premios nacionais e internacionais.

Despois dese primeiro éxito, veu Navidad (2009). Escrita na Résidence do Festival de Cannes, a cinta foi estreada na Quincena de Realizadores dese mesmo ano. El año del tigre, a súa terceira longametraxe, foi estreado na competencia internacional do Festival de Cine de Locarno de 2011.

En 2017 estreou no Festival Internacional de Cinema de Berlín Una mujer fantástica, que escribiu xunto con Gonzalo Maza. En devandito certame obtivo o premio Oso de Prata ó mellor guión e o Teddy Award á mellor longametraxe. O filme, protagonizada por Daniela Vega, narra a historia dunha muller transxénero que debe lidar coa morte da súa parella. Entre os premios obtidos durante os meses seguintes atópanse o Independent Spirit na categoría de mellor filme estranxeiro, o Goya o mellor filme iberoamericano, e o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, sendo a primeira longametraxe chilena en obter o galardón nesa categoría.

Filmografía Longametraxes 2002 - Fragmentos urbanos 2006 - La Sagrada Familia 2009 - Navidad 2011 - El año del tigre 2013 - Gloria 2017 - Una mujer fantástica 2017 - Disobedience 2018 - Gloria Bell 2022 - O prodixio

Curtametraxes 1995 - 4 1996 - Cuatro 2000 - Smog (con Marialy Rivas) 2002 - Fragmentos urbanos 2002 - Ciudad de maravillas 2003 - Carga vital 2010 - El efecto Kulechov 2020 - Algoritmo

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1974 Categoría:Directores de cinema de Chile