O Premio das Artes e das Letras de Galicia (ou Premio das Letras e das Artes de Galicia), concedíao a Xunta de Galicia en recoñecemento a personalidades destacadas na creación artística en Galicia. Creado en 1995, contaba cunha dotación económica que foi dos cinco millóns de pesetas aos 36 000 euros. Foi derrogado en 2006, despois de once edicións."Decreto 59/2006, do 30 de marzo, polo que se derroga o Decreto 288/1994…" DOG 71 de 11/4/2006.
Premiados 1995: Antón Fraguas 1996: Xosé Filgueira Valverde 1997: Francisco Fernández del Riego 1998: Domingo García-Sabell 1999: Lois Tobío Fernández 2000: Pura Vázquez 2001: Francisco Río Barxa 2002: Xosé López Calo 2003: Isaac Díaz Pardo 2004: Leopoldo Nóvoa 2005: Ramón Castromil
Notas
Artes e das Letras Categoría:Xunta de Galicia