Oliver Rolf Kahn (AFI: ˈɔ.lɪ.vɐ ˈkʰaːn), nado en Karlsruhe (Baden-Württemberg) o 15 de xuño de 1969, é un exfutbolista alemán que xogaba na posición de porteiro.

Comezou a súa carreira no equipo xuvenil do Karlsruher SC e doce anos máis tarde debutou como profesional. En 1994 foi transferido ao FC Bayern München, onde xogou ata a fin da súa carreira, no 2008.

Oliver Kahn é un dos futbolistas alemáns máis exitosos da historia recente, con 8 títulos da Bundesliga, 6 Copas de Alemaña, unha Copa da UEFA, unha Liga de Campións e unha Copa Intercontinental. Considerado como un dos mellores porteiros de todos os tempos, as súas contribucións individuais fixeron que obtivera o récord de gañar catro anos consecutivos o premio de Mellor Porteiro de Europa da UEFA, ademais de tres premios de Mellor porteiro do Mundo segundo a IFFHS e dous trofeos como Futbolista do ano en Alemaña. No Mundial de Fútbol de 2002, Kahn converteuse no primeiro porteiro da historia en gañar o Balón de Ouro do Mundial. Kahn ocupa o quinto posto na lista dos mellores do século XXI da IFFHS e tamén o quinto posto na lista dos mellores porteiros dos últimos 25 anos.

Dende 1994 ata 2006, Kahn formou parte da selección de fútbol de Alemaña, onde xogou dende a retirada de Andreas Köpke. Con esta selección gañou a Eurocopa 1996, aínda que el non xogou ningún partido. No Mundial do 2002, a pesar de que Alemaña non estaba entre as favoritas, a actuación de Kahn foi clave para alcanzar a final, na que Alemaña perdeu contra Brasil, e na que Kahn cometeu un erro, que non obstante, non impediu que recibira o trofeo como mellor xogador do torneo.

Con 557 encontros disputados é o terceiro futbolista e o primeiro gardameta con máis encontros disputados na historia da Bundesliga.

Traxectoria

Karlsruher SC Con seis anos de idade, Kahn uniuse ao Karlsruher SC, equipo no que xogara seu pai Rolf dende 1962 ata 1965. Comezou como xogador de campo, pasando despois á posición de porteiro.

Kahn foi incluído no equipo profesional do club na tempada 1987-1988 da primeira división da Bundesliga, comezando como porteiro suplente, por detrás do titular Alexander Famulla. O seu debut produciuse o 27 de novembro de 1987 nun partido contra o 1. FC Köln, que rematou cunha vitoria por 4-0. Pero non foi ata 1990 cando o adestrador Winfried Schäfer decidiu colocalo no equipo titular. Nos seguintes anos, Kahn converteuse nun porteiro de calidade contribuíndo a establecer ao Karlsruher SC como un dos mellores equipos da Bundesliga. O seu maior logro co Karlsruher SC foi alcanzar as semifinais da Copa da UEFA na tempada 1993-94. Nese torneo o Karlsruher obtivo unha histórica vitoria por 7-0 no encontro de volta ante o Valencia CF, despois de ser derrotado no encontro de ida por 3-1. Oliver Kahn permaneceu no club durante sete tempadas.

FC Bayern de Múnic miniatura|300x300px|Kahn no seu partido de despedida entre o Bayern de Múnic e no Allianz Area o 2 de setembro de 2008. As actuacións de Kahn no Karlsruher fixeron que o FC Bayern München se interesase por el e finalmente o fichase no inicio da tempada 1995-1996 como substituto de Raimond Aumann, por unha cifra de 4,6 millóns de marcos (2,38 millóns de euros), disputando 23 encontros. Na tempada 1995-96, sufriu unha lesión no ligamento cruzado que o mantivo lonxe dos terreos de xogo durante case seis meses. Dous meses despois do seu retorno, debutou coa selección nacional. Esa mesma tempada, o Bayern gañou a Copa da UEFA, tras derrotar na final ao Girondins de Bordeos. Na tempada 1996-1997 gañou co Bayern a Copa da Liga e foi nomeado como Porteiro Alemán do Ano por segunda vez (a primeira fora en 1994). En 1999, alcanzou a final da Liga de Campións, onde se enfrontou ao Manchester United. Aínda que o Bayern foi gañando case todo o partido tras o gol de Mario Basler no minuto 6, o Manchester deulle a volta ao marcador no tempo de desconto con dous goles de Teddy Sheringham e Ole Gunnar Solskjær, que entraran de suplentes. Ese mesmo ano Kahn foi nomeado Mellor Porteiro do Mundo pola IFFHS.

O 3 de marzo de 2001, nos instantes finais dun partido contra o Hansa Rostok, no que o Bayern perdía 2-3, Kahn subiu á área contraria a rematar un córner. Acabou marcando pero fíxoo golpeando o balón cos puños e foi inmediatamente expulsado. Foi o único cartón vermello que viu no Bayern e o segundo da súa carreira.

Na tempada 2000-01 o Bayern gañou a Liga de Campións, tras unha quenda de penaltis contra o Valencia na final, na que Kahn parou tres e foi elixido como Xogador do partido. Ademais a UEFA entregoulle o Premio ao Xogo Limpo por ser o único que tentou consolar ao porteiro rival, Santiago Cañizares. Máis tarde ese ano, o Bayern perdeu a Supercopa de Europa pero gañou a Copa Intercontinental contra o Boca Juniors en Tokyo.

Debido a lesións e problemas persoais, o seu nivel empezou a diminuír despois da tempada 2002-03. Na liga de Campións da tempada 2003-04, Kahn deixou entrar un tiro fácil de Roberto Carlos na portaría do Bayern contra o Real Madrid, contribuíndo á eliminación do seu equipo da competición. Con todo, desde a tempada 2003-04 e a pesar da súa idade, as actuacións de Kahn melloraron considerablemente.

O 2 de setembro do 2007, con 38 anos, xogou o seu partido número 537 na Bundesliga, converténdose no porteiro con máis partidos xogados.

Ademais Kahn é o segundo porteiro da Bundesliga que máis minutos permaneceu invicto: 803 minutos sen recibir un gol. Timo Hildebrand superouno na tempada 2006-2007 ao permanecer 885 minutos sen recibir un gol. O 1 de maio de 2008 Kahn dixo adeus á competición europea disputando o seu último partido da Copa da UEFA contra o Zenit de San Petersburgo nas semifinais de devandita competición, caendo eliminado o Bayern tras recibir un contundente 4-0. O 17 de maio de 2008, Kahn disputou o seu último partido na Bundesliga coa camiseta do Bayern de Múnic contra o Hertha de Berlín, cun resultado final de 4-1 a favor do Bayern. Kahn foi substituído no minuto 89 por Michael Rensing, o seu sucesor na meta do conxunto bávaro, baixo unha forte ovación do público do Allianz Arena. Este partido foi o número 557 de Kahn na Bundesliga, establecendo a marca de terceiro xogador con máis partidos disputados na historia desa competición. Tamén nese mesmo partido Kahn logrou a súa última marca como xogador: a de menos goles encaixados nunha tempada. Kahn encaixou 21 goles en 34 partidos, marca que até ese momento pertencía ao Werder Bremen.

Oliver Kahn puxo fin á súa carreira en setembro de 2008 nun partido amigable do Bayern de Munich contra a selección alemá de fútbol.

Selección nacional Foi internacional coa selección de fútbol de Alemaña en 96 ocasións. Aínda que xa fora convocado coa súa selección en 1994, o seu debut como internacional produciuse o 23 de xuño de 1995 nun encontro contra Suíza. Foi convocado para a Eurocopa 1996, aínda que non chegou a disputar nin un só encontro. Participou na Copa Mundial de Fútbol de Corea e o Xapón de 2002 disputando sete encontros contra Arabia Saudita, o Camerún, Irlanda, Paraguai, Estados Unidos, Corea do Sur e a final contra Brasil. Kahn foi o capitán da Selección alemá e disputou todos os partidos dese Mundial e xunto a Oliver Bierhoff e a Oliver Neuville formou o trío de "o tres Oliver" . Conseguiu o subcampionato ao perder na final contra Brasil por 2:0. Kahn recibiu só tres goles no campionato e foi decisivo para o seu equipo, polo que foi elixido mellor xogador do torneo, no cal recibiu o Balón de ouro e o Premio Lev Yashin.

Pouco antes de comezar a Copa Mundial de Fútbol de 2006, Jürgen Klinsmann, naquel momento director técnico do combinado xermano, anunciou a titularidade de Jens Lehmann na porta da selección, quedando así Oliver Kahn como o segundo porteiro, o cal foi un gran golpe inesperado para el. Foi debido a unha disputa entre o lendario Franz Beckenbauer e o técnico da selección. Só xogou o partido polo terceiro posto (Portugal-Alemaña 1:3). Ao finalizar o torneo, anunciou o seu retiro da selección nacional.

Participacións en Copas do Mundo MundialSedeResultadoCopa Mundial de Fútbol de 1994borda|20x20px Estados UnidosCuartos de finalCopa Mundial de Fútbol de 1998 Cuartos de finalCopa Mundial de Fútbol de 2002ligazón=|borda|20x20pxligazón=|borda|20x20pxCorea do Sur e o Xapón SubcampiónCopa Mundial de Fútbol de 2006borda|20x20px AlemañaTerceiro lugar

Participacións en Eurocopa TorneoSedeResultadoEurocopa 1996borda|20x20px InglaterraCampiónEurocopa 2000borda|20x20px borda|20x20px Bélxica e Países BaixosPrimeira faseEurocopa 2004 Primeira fase

Participacións en Copas FIFA Confederacións

Clubs ClubPaísAnoPartidosKarlsruher SCborda|20x20px Alemaña1987 - 1994148Bayern Munichborda|20x20px Alemaña1994 - 2008632

Palmarés

Campionatos Nacionais TítuloClubPaísAno1. BundesligaF.C. Bayern Múnicborda|20x20px Alemaña1997Copa da liga de AlemañaF.C. Bayern Múnicborda|20x20px Alemaña1997Copa de AlemañaF.C. Bayern Múnicborda|20x20px Alemaña1998Copa da liga de AlemañaF.C. Bayern Múnicborda|20x20px Alemaña19981. BundesligaF.C. Bayern Múnicborda|20x20px Alemaña1999Copa da liga de AlemañaF.C. Bayern Múnicborda|20x20px Alemaña19991. BundesligaF.C. Bayern Múnicborda|20x20px Alemaña2000Copa de AlemañaF.C. Bayern Múnicborda|20x20px Alemaña2000Copa da liga de AlemañaF.C. Bayern Múnicborda|20x20px Alemaña20001. BundesligaF.C. Bayern Múnicborda|20x20px Alemaña20011. BundesligaF.C. Bayern Múnicborda|20x20px Alemaña2003Copa de AlemañaF.C. Bayern Múnicborda|20x20px Alemaña2003Copa da liga de AlemañaF.C. Bayern Múnicborda|20x20px Alemaña20041. BundesligaF.C. Bayern Múnicborda|20x20px Alemaña2005Copa de AlemañaF.C. Bayern Múnicborda|20x20px Alemaña20051. BundesligaF.C. Bayern Múnicborda|20x20px Alemaña2006Copa de AlemañaF.C. Bayern Múnicborda|20x20px Alemaña2006Copa da liga de AlemañaF.C. Bayern Múnicborda|20x20px Alemaña20071. BundesligaF.C. Bayern Múnicborda|20x20px Alemaña2008Copa de AlemañaF.C. Bayern Múnicborda|20x20px Alemaña2008

Campionatos Internacionais TítuloEquipo (*)SedeAnoCopa da UEFAF.C. Bayern Múnic 1996EurocopaSelección Alemá 1996UEFA Champions LeagueF.C. Bayern Múnic 2000-01Copa IntercontinentalF.C. Bayern Múnic 2001 (*) Incluíndo a Selección

Distincións individuais DistinciónAnoMellor porteiro de Europa1999Porteiro do Ano (IFFHS)1999Porteiro do Ano da UEFA1999Mellor porteiro de Europa2000Futbolista alemán do ano2000Porteiro do Ano da UEFA2000Futbolista alemán do ano2001Mellor porteiro de Europa2001Porteiro do Ano (IFFHS)2001Balón de Bronce (France Football)2001Premio Bambi2001Porteiro do Ano da UEFA2001Mellor porteiro de Europa2002Premio Lev Yashin2002Balón de Ouro (Mellor Xogador da Copa Mundial de Fútbol)2002Equipo das Estrelas da Copa Mundial de Fútbol de 20022002Porteiro do Ano (IFFHS)2002Balón de Bronce (France Football)2002Porteiro do Ano da UEFA2002Segundo Xogador Mundial2002Futbolistas FIFA 1002004Premio Bambi2006

Vida privada Kahn naceu en Karlsruhe, nunha familia con raíces letoas: seu pai Rolf naceu en Liepāja, fillo dunha nai letoa e un pai alemán do Báltico. Rolf xogou profesionalmente no Karlsruhe SC, así como o seu fillo Axel, o irmán máis vello de Oliver Kahn.

No 2009, ofrecéronlle adestrar ao FC Schalke 04 pero rexeitou a oferta.

En 2011, un xulgado alemán multou Kahn con 125.000 € por evasión de impostos, por non declarar máis de 6000 € en roupa de luxo comprada en Dubai.

Desde outubro de 2016, Kahn é dono e fundador de Goalplay, unha empresa dedicada á fabricación de luvas de porteiro e ao adestramento de novas promesas do fútbol.

Notas

Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Karlsruhe Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Xogadores do Karlsruher SC Categoría:Xogadores do FC Bayern München Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Alemaña Categoría:Futbolistas gañadores da Eurocopa