O pelote era unha túnica sen mangas utilizada durante a baixa idade media, sobre a saia ou o brial. Popularizouse na Península Ibérica a comezos do século XIII, lugar desde o que se estendeu o seu uso ao resto de Europa. miniatura|228x228px|Muller con pelote no libro de salmos de Luttrell.|alt=|esquerda
Descrición miniatura|150x150px|Músicos vestindo pellote nunha ilustración das Cantigas de Santa María|alt= O pelote tiña forma de túnica sen mangas, con dúas aberturas nos laterais polas que se introducían os brazos. Estas aberturas eran de diferente tamaño, os de época mais antiga tiñan aberturas mais reducidas e nos mais modernos chegaban debaixo da cadeira, permitindo ver gran parte da peza de roupa interior. Asegurábase cun cinto, e nalgúns casos presentábase cun encordado para axustalo.
Era empregado tanto por homes como por mulleres, o modelo masculino chegaba até o xeonllo e o feminino até os pés. Tamén era empregado por todas as clases socias variando só no material co que estaba feito, desde liño até sedas bordadas con peles de animais.
Véxase tamén Bibliografía
La indumentaria medieval en el siglo XIII - Alba Gutiérrez Molinero Guía de indumentaria medieval masculina (1168-1220) - Carlos Miguel Polite Cavero. Guía de indumentaria medieval femenina (1170-1230) - Alberto Carnicero Cáceres.
Ligazóns externas
Reprodución da vestimenta de Berenguela de Barcelona. - Autoria: Pinaki Studios.
Categoría:Vestimenta Categoría:Idade Media
Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos