A Agalychnis callidryas é unha especie de anfibio anuro da familia de Hylidae, que habita dende o sur de México até o noroeste de Colombia.Frost, Darrel R. 2013. Amphibian Species of the World: an Online Reference. Version 5.6 (9 de enero de 2013). American Museum of Natural History, New York, USA. Salienta polos seus grandes ollos vermellos con pupila vertical. Como adultos chegan a ter cores brillantes sobre todo o seu corpo.Robertson, J. M. & Robertson, A. D. 2008. Spatial and temporal patterns of phenotypic variation in a Neotropical frog. pp. 830-843. Predomina o verde, pero usualmente presentan outras cores como azul ou amarelo. As patas dianteiras presentan un azul brillante, mentres que as traseiras son vermellas ou alaranxadas. A coloración desta ra é moi rechamante. O macho é máis pequeno que a femia: 56 mm e a femia 71 mm. Son de hábitos nocturnos e arborícolas. Aliméntase primordialmente de insectos. Entre os seus depredadores pódense nomear as aves, morcegos e serpes. A súa pel contén toxinas, pero non son tan poderosas.
Hábitat Prefiren as terras baixas húmidas dos bosques chuviosos, en áreas achegadas a corpos de auga. Descubríronse incompatibilidades xenéticas entre individuos de diferentes rexións xeográficas dentro do mesmo país de orixe, polo que a pesar do seu gran parecido morfolóxico empézase a dubidar de que todas pertenzan á mesma especie.Pyburn, W. F. 1970. «Breeding behavior of the leaf-frogs Phyllomedusa callidryas and Phyllomedusa dacnicolor in Mexico.» Copeia, 1970, 209-218.
As ras arborícolas depositan os ovos na vexetación que pendura enriba da auga. É un comportamento reprodutivo curioso e cando chega o momento da eclosión, a cuberta dos ovos vaise desfacendo e os cabezolos escorregan pola folla e caen á auga, onde levan unha vida como calquera larva de anuro.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Red-Eyed Tree Frog Facts Honolulu Zoo: Red-eyed Tree Frog
Categoría:Anuros Categoría:Animais descritos en 1862