Jazz Jennings, nada o 6 de outubro de 2000, é unha rapaza transxénero, youtuber, personalidade dos medios, escritora e activista na defensa dos dereitos LGBTQ. Jennings acadou a fama por ser unha das persoas máis mozas rexistradas a ser identificada como transxénero, converténdose nunha figura nacional LGBT.

Jennings recibiu atención nacional en 2007 ó conceder unha entrevista para Barbara Walters en 20/20, o que supuxo outras entrevistas e aparicións. Christine Connelly, un membro do consello de administración para Alianza de Gais, Lésbicas, Bisexuais e Transxéneros Mozas de Boston (BAGLY), declarou: "Ela foi a primeira moza que chamou o centro das atencións nacionais, foi á TV e foi quen de articular a súa perspectiva e punto de vista con tanta inocencia." Os seus pais decatáronse que Jazz quería ser considerada unha muller tan pronto como empezou a falar.

Jennings produce unha serie de vídeos na súa canle de YouTube sobre a súa vida chamado "I Am Jazz", converténdose nunha das mozas transxénero en falar publicamente sobre o asunto. Jennings protagoniza a serie de TLC I Am Jazz. A serie estreouse o 15 de xullo de 2015.

Notas

Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Florida Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América