250px|miniatura|Territorios de Ermengol VI cando morreu Ramon Berenguer III en 1131. Ermengol VI de Urgell, coñecido como o de Castela, nado en Valladolid en 1096 e finado en Castela o 20 de xuño de 1154, foi conde de Urgell entre 1102, cando faleceu o seu pai, e 1154. Foi fillo do conde Ermengol V e de María Pérez, filla do conde Pedro Ansúrez quen se encargou da tutela do seu neto durante a súa minoría de idade ao quedar orfo en 1102.

Biografía Coa axuda de Guerau II de Cabrera, gobernante real do condado, e de Ramon Berenguer III de Barcelona conquistou en 1106 a cidade de Balaguer, que pasou a ser dende aquel momento a capital do condado de Urgell.

Xa adulto colaborou con Afonso I de Aragón na conquista de Zaragoza en 1118, así como con Afonso VII de Castela na cruzada contra al-Mariyya en 1147.

A boa relació co casal de Barcelona levou a Ermengol VI a participar na viaxe de Ramon Berenguer IV de Barcelona ata a Provenza en 1144 e a colaborar co conde de Barcelona na Cruzada contra o emirato de Lleida e a repoboación da cidade en 1149.

Matrimonio e descendencia En 1119 casou con Arsenda de Cabrera, filla de Guerau III de Cabrera, vizconde de Àger, e de Berenguera de Queralt. Do matrimonio naceron: o infante Ermengol VII (?-1184), conde de Urgell a infanta Sibil·la de Urgell, casada con Ramon Folch, vizconde de Cardona a infanta Estefania de Urgell (?-1177), casada con Arnau Mir de Pallars Jussà

Cara ao 1135 casou en segundas nupcias con Elvira de Lara, filla de Roderic de Lara e a infanta Sancha de Castela. Deste matrimonio naceron: o infante Galceran de Sales (?-v1184) a infanta María de Urgell (?-1196), señora de Almenara

Notas

Categoría:Condes de Urgell Categoría:Nados en 1096 Categoría:Nados en Valladolid Categoría:Finados en 1154