A igrexa de Gerum (sueco: Gerum kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Gerum, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia e arquitectura As partes máis antigas da igrexa de Gerum son o coro e a ábsida, que datan de so redor do ano 1200 e son de estilo románico. A nave gótica foi construída máis tarde no século XIII e probablemente substituíu a unha anterior románica. A torre, que nunca se rematou, construíuse ao redor do ano 1300. A única parte da igrexa que non é medieval é a sancristía, construída en 1835.

A igrexa de Gerum está construída en calcaria. O exterior está encalado, agás por varios detalles de pedra finamente esculpidos. A fachada está rota por catro fiestras na parte sur, mentres que a norte carece delas. A igrexa ten tres portais, un románico no coro e dous góticos na nave e na torre. Os portais góticos están decorados con esculturas de pedra. No interior a igrexa ten frescos de polo menos tres períodos: do século XIII, do XV (realizados polo artista coñecido como Passionsmästaren), e do século XVIII. A igrexa ten tamén unha vidreira do século XIV.

Galería de imaxes

Notas

Gerum