The Alienist é unha serie de televisión estadounidense baseada na novela homónima de Caleb Carr. Unha serie de tan só dez episodios, foi estreada a través da canle TNT como un adianto o 21 de xaneiro de 2018, antes da súa estrea oficial o 22 de xaneiro de 2018, e rematou o 26 de marzo de 2018. Está protagonizada por Daniel Brühl, Luke Evans e Dakota Fanning e está ambientada na cidade de Nova York na década de 1890. Conta a historia dunha investigación sobre un asasino en serie que está a matar ós nenos da rúa. A serie mestura feitos con ficción, incluíndo figuras históricas como Theodore Roosevelt, quen ocupou o posto de comisario de policía entre 1895 e 1897.

Personaxes Principais Daniel Brühl como Dr. Laszlo Kreizler Luke Evans como John Moore Brian Geraghty como Theodore Roosevelt Robert Ray Wisdom como Cyrus Montrose Douglas Smith como Marcus Isaacson Matthew Shear como Lucius Isaacson Q'orianka Kilcher como Mary Palmer Matt Lintz como Stevie Taggert Dakota Fanning como Sara Howard

Recorrentes Antonio Magro como Paul Kelly David Wilmot como Capitán Connor Jackson Gann como Joseph Ted Levine como Thomas F. Byrnes Emanuela Postacchini como Flora

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2018 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2018 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América