Matt Thomas, nado o 4 de agosto de 1994 en Decatur, Illinois, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga no Alba Berlín da Basketball Bundesliga. Cunha estatura de 1,93 metros xoga na posición de escolta.

Traxectoria profesional Thomas xogou para os Los Angeles Lakers na Liga de Verán da NBA de 2017. O 29 de agosto de 2017, asinou co Obradoiro CAB. Tras unha gran tempada en Santiago de Compostela, Thomas deixou o equipo galego para asinar un contrato de dúas tempadas co Valencia Basket.

O 19 de xullo de 2019, anunciouse a súa fichaxe polos Toronto Raptors.Raptors sign Matt Thomas O 26 de outubro de 2019, Thomas debutou na NBA, facendo 6 puntos e 3 rebotes na vitoria dos Raptors contra os Chicago Bulls por 108–84.

O 25 de marzo de 2021, Thomas foi traspasado ós Utah Jazz a cambio dunha futura elección da segunda rolda do Draft. O 1 de agosto de 2021, foi cortado polos Jazz.

O 8 de setembro de 2021, Thomas asinou cos Chicago Bulls.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com Perfil en ACB.com

Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Illinois Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores do Obradoiro CAB Categoría:Xogadores do Valencia BC Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores do Panathinaikos BC Categoría:Xogadores do ALBA Berlin‎