Lady Bird é un filme estadounidense de 2017 escrito e dirixido por Greta Gerwig. Está protagonizado por Saoirse Ronan, Laurie Metcalf, Tracy Letts, Lucas Hedges, Timothée Chalamet, Beanie Feldstein, Stephen McKinley Henderson e Lois Smith. Ambientado en Sacramento, California, en 2002, é unha historia de crecemento e evolución persoal e a turbulenta relación da protagonista coa súa nai.

Lady Bird estreouse no Festival de Cinema de Telluride o 1 de setembro de 2017, e foi estreado nos Estados Unidos o 3 de novembro de 2017 por A24. A crítica louvou o guión, a dirección e as interpretacións de Ronan e Metcalf. Tivo unha recadación de máis de $76 millóns sobre un orzamento de $10 millóns.

O filme foi amplamente aclamado pola crítica, e foi escollido polas revistas National Board of Review, o American Film Institute e Time como un dos mellores dez filmes do ano. Na 90ª edición dos Óscar, tivo cinco nomeamentos nas categorías de mellor filme, mellor actriz (para Ronan), mellor actriz secundaria (para Metcalf), mellor guión orixinal e mellor director. Nos Globos de Ouro, Lady Bird gañou dous premios, mellor película - Comedia ou musical e mellor actriz – comedia ou musical (para Ronan) e foi nomeado a dous máis. Tamén foi nomeado a tres premios BAFTA.

Personaxes Saoirse Ronan como Christine "Lady Bird" McPherson Laurie Metcalf como Marion McPherson Tracy Letts como Larry McPherson Lucas Hedges como Danny O'Neill Timothée Chalamet como Kyle Scheible Beanie Feldstein como Julianne "Julie" Steffans Lois Smith como Irmá Sarah Joan Stephen McKinley Henderson como Padre Leviatch Odeya Rush como Jenna Walton Jordan Rodrigues como Miguel McPherson Marielle Scott como Shelly Yuhan John Karna como Greg Anrue Jake McDorman como Mr. Bruno Bayne Gibby como Casey Kelly Laura Marano como Diana Greenway Marietta DePrima como Miss Patty Daniel Zovatto como Jonah Ruiz Kristen Cloke como Ms. Steffans Andy Buckley como Tío Matthew Kathryn Newton como Darlene Bell Myra Turley como Irmá Gina Bob Stephenson como Padre Walther

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Greta Gerwig Categoría:Filmes independentes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de comedia adolescente dos Estados Unidos de América Categoría:Globo de Ouro á mellor película - Comedia ou musical Categoría:Filmes de A24 Films Categoría:Filmes feministas Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en 2002 Categoría:Filmes ambientados en 2003 Categoría:Filmes de Focus Features Categoría:Filmes ambientados en Nova York