Os tiwi (tamén chamados tunuvivi) son un pobo aborixe australiano. Arredor de 2 000 tiwi viven nas illas Bathurst e Melville, que compoñen as chamadas illas Tiwi. Os insulares tiwi son coñecidos pola súa música, arte e deportes. Algúns membros das xeracións roubadas foron levadas ás illas Tiwi.

Historia Os neerlandeses chegaron á illa de Melville en 1705, pero non a colonizaron. O seu illamento continúa até o presente, xa que teñen unha relación política diferenciada con respecto a Australia.

Lingua A lingua tiwi, a máis polisintética de tódalas linguas autralianas, é unha lingua illada sen unha aparente conexión coas linguas veciñas da Terra de Arnhem no continente australiano.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista dos pobos indíxenas de Australia

Categoría:Pobos indíxenas de Australia