Os pitjantjatjara son un pobo aborixe australiano que habita no deserto central de Australia. Están estreitamente relacionados cos yankunytjatjara e ngaanyatjarra, e as súas linguas son mutuamente intelixibles (todas elas son variedades das linguas wati).

Eles chámanse a si mesmo anangu (pobo). Os pitjantjatjara viven principalmente ó noroeste de Australia Meridional, estendéndose ó longo da fronteira co Territorio do Norte até o lago Amadeus, e ó oeste até Australia Occidental. A terra é unha parte importante e inseparable da súa identidade.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista dos pobos indíxenas de Australia

Categoría:Pobos indíxenas de Australia