A lingua pitjantjatjara é unha lingua pama-nyungana pertencente á póla do deserto occidental falada tradicionalmente polo pobo pitjantjatjara de Australia central. É mutuamente intelixible con outras variedades do deserto occidental, particularmente coa lingua yankunytjatjara. Os nomes das dúas linguas están baseados nas súas respectivas palabras para 'vir e ir.' Segundo datos de 2016 tiña 3 125 falantes. O pitjantjatjara está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Langlois, Annie (2004). Alive and Kicking: Areyonga Teenage Pitjantjatjara, Research School of Pacific and Asian Studies. Outros artigos Lista de linguas aborixes de Australia Ligazóns externas Vídeo de vocabulario en pitjantjatjara

Categoría:Linguas de Australia Categoría:Linguas pama-nyunganas