Sallie W. (Penny) Chishom (1947) é unha bióloga mariña e oceanógrafa estadounidense no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts. É experta en ecoloxía e evolución de microbios do océano.

Educación Graduouse polo Instituo Sénior Marquette, MI en 1965. Asistiu á Universidade de Skidmore e obtivo un Ph.D. pola SUNY Albany en 1974.

Traxectoria Dende 1976, Sallie ten sido membro de facultade no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Os seus estudos céntranse na ecoloxía do fitoplancto mariño. Os seus primeiros traballos foron sobre os procesos de plancto de nutrientes e a maneira en que estes afectan ao seu ciclo de vida en tempo diúrno. Isto levou a comezar a usar citometría de fluxo para medir as propiedades das células individuais.

A aplicación de fluxo citométrico ás mostras ambientais, levaron a Chisholm e os seus colaboradores (como os notables R.J. Olson e S.M. Sosik) ao descubrimento de que o plancto pequeno (en particular Prochlorococcus e Synechococcus) representan unha parte moito máis importante da produtividade mariña do que se pensaba. Anteriormente os oceanógrafos biolóxicos centráranse nas diatomeas silíceas como o fitoplancto máis importante, o que representa entre 10 e 20 xigatoneladas de captación de carbono cada ano. Os traballos de Chisholm mostraron que aínda era maior a cantidade de carbono que entraba no ciclo, polo cal confirmaron as teses de que as pequenas algas desempeñan unha función importante no ciclo de nitróxeno global.

Nos últimos anos, Chisholm desempeñou un papel visible na oposición ao uso da fertilización con ferro como unha solución tecnolóxica para o cambio climático antropoxénico.

Recoñecementos

Membro da Academia Nacional de Ciencias (NAS) desde 2003.

Galardóns:

Xaneiro de 2010: medalla Alexander Agassiz, por "estudos pioneiros dos organismos fotosintéticos dominantes no mar e por integrar os seus resultados a un novo entendemento do océano global". Correceptora en 2012 do Premio Ruth Patrick da Asociación para as Ciencias da Limnoloxía e Oceanografía. Medalla Nacional da Ciencia do Presidente Barack Obama o 1 de febreiro de 2013. Premio Ramón Margalef en Ecoloxía, 2013, " por ser unha das máis produtivas investigadoras, carismáticas e activas en bioloxía e ecoloxía mariña".

Publicacións

Chishol, S.W. 2012. Unveiling Procholorococcus : The Life and times of the ocean's smallest photosynthetic cell. 2012. En: Microbios y Evolución: El Mundial Que Darwin Nunca Vio. En: R.Kolter y S.Maloy (eds.) ASM Prensa. p. 16 Chisholm, Sallie W. 2011. The Iron Hypothesis: Basic Research Meets Environmental Policy. Publicou Center for Global Change Science, Massachusetts Institute of Technology, 11 p. Coleman, M.L y S.W. Chisholm. 2010. Ecosystem-specific selection pressures revealed by comparative population genomics. PNAS 107 (43): 18634-18639. Lindell, D.J.D Jaffe, M.I. Coleman, M.Axmann, T.Rector, G.Kettler, M.B. Sullivan , R.Steen, W.R. Hess, G.M. Iglesia, S.W. Chisholm. 2007. Genome-wide expression dynamics of a marine virus and host reveal features of coevolution. Nature 449: 83-86 Chisholm, Sallie W., P.G. Falkowski e J.J. Cullen. Dis-crediting Ocean Fertilization. Science 294: 309-310,2001. Chisholm. S.W. R.J. Olson, E.R. Zettler, R.Goericke, J.Waterbury e N.Welschemeyer. A novel free-living prochlorophyte abundant in the oceanic euphotic zone. Nature 334 (6180):340-343, 1988.

Categoría:Biólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1947