Anna Worsley Russell, nada en Bristol en novembro de 1807 e finada en Kenilworth (Reino Unido) o 11 de novembro de 1876,Desmond (1994), p. 599Ogylvie (2003), p. 1136 foi unha botánica e micóloga inglesa. Foi descrita como "quizais a máis capaz e máis destacada muller do campo da botánica do seu tempo".Creese (2000), p. 31-32
Traxectoria Anna naceu en novembro de 1807 en Bristol, e foi unha de polo menos sete fillos nados de Philip John Worsley, que era un refinador de azucre. Na súa familia eran de relixión unitarista e como varios dos seus membros tiñan intereses científicos dende nena foi animada no seu interese pola historia natural. Ao principio estudou entomoloxía, pero máis tarde interesouse polas plantas. O cuñado de Anna, Thomas Butler, quen máis tarde sería o reitor dunha parroquia preto de Nottingham e pai do novelista Samuel Butler, tiña un grande interese na botánica e puido ter influído en Anna.Allen, D.E. «Russell [née Worsley], Anna (1807–1876), botanist», na edición on-line do Oxford Dictionary of National Biography (precisa subscrición) (en inglés).(https://doi.org/10.1093/ref:odnb/56451)
En 1835, publicouse o primeiro volume da New Botanist's Guide de Hewett Cottrell Watson, que contiña contribucións substanciais de Worsley, a saber, unha lista de plantas con flores na área de Bristol. Isto trouxo unha maior atención ao seu traballo e en 1839 publicou o seu Catalogue of Plants, found in the Neighbourhood of Newbury (en galego: Catálogo de Plantas, atopadas no Barrio de Newbury),Stafleu (1976-1988), p. 1003 desenvolvido en trinta e unha páxinas e incluíu os primeiros rexistros en Berkshire de máis de sesenta especies. Pronto uniuse á Sociedade Botánica de Londres e contribuíu activamente aos seus intercambios de mostras. Tamén desenvolveu interese polos musgos e fungos.
Worsley casou con Frederick Russell en 1844. Russell tamén era un unitarista e un botánico e foran amigos dende varios anos. Russell acompañaba a Worsley nas expedicións de recoleccións de plantas e recollía algúns espécimes para ela. Ao principio viviron en Brislington, cerca de Bristol, pero en 1856 trasladáronse a Kenilworth, Warwickshire. Estudou os fungos na área local, publicando un artigo no Journal of Botany sobre especies locais raras e realizando máis de setecentos trinta debuxos.
Anna Russell morreu en Kenilworth o 11 de novembro de 1876. O seu marido falecera antes que ela e non tiñan fillos. Deixou os seus debuxos ao Museo de Historia Natural de Londres, onde aínda se conservan, e o seu herbario e colección de ovos de aves ao Instituto de Birmingham e Midland.
Abreviatura (botánica)
A abreviatura A.W.Russell emprégase para indicar a Anna Russell como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Botánicos de Inglaterra Categoría:Nados en 1807 Categoría:Nados en Bristol Categoría:Finados en 1876 Categoría:Micólogos Categoría:Personalidades sen imaxes