O paíño de Wilson ou paíño patiamareloPenas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.Dicionario Digalego paíño (Oceanites oceanicus) é unha especie de ave procelariforme da familia Hydrobatidae distribuída principalmente polos océanos do hemisferio sur, aínda que alcanza a parte meridional do Atlántico norte. É unha ave mariña de pequeno tamaño de plumaxe pardo escuro, agás a rabadilla e o baixo ventre, que son brancos, que se alimenta na superficie do océano. Como outros paíños plana ao rente da tona do mar tocándoa cos seus pés e "correndo" por ela sostido en voo na procura de alimento.

Descrición miniatura|esquerda|O paíño de Wilson caracterízase pola súa rabadilla branca e as súas membranas interdixitais amarelas.

É unha ave pequena, que mide entre 16 e 18,5 cm de lonxitude e ten unha envergadura de 38 a 42 cm. É un pouco maior que o paíño pequeno. A súa plumaxe é practicamente toda de cor parda escura, agás na rabadilla e os flancos do baixo ventre que son brancos. En voo os seus pés permanecen xusto ao final da súa cola cadrada. O paíño pequeno ten unha faixa abrancazada característica na parte inferior das ás e a parte superior tena toda escura, mentres que o paíño de Wilson ten unha banda clara difusa na parte superior das ás e non ten ningunha na parte inferior. As súas membranas interdixitais son de cor amarela nos adultos, aínda que os individuos inmaturos teñen manchas negras.

Taxonomía

O paíño de Wilson clasifícase no xénero Oceanites, pertencente á familia dos paíños, Hydrobatidae (algúns taxonomistas dividen esta familia en Hydrobatidae, que incluiría só os paíños do norte, e Oceanitidae, que incluiría os paíños do sur, incluído o paíño de Wilson). Os paíños son os membros máis pequenos da orde Procellariiformes, e integran unha das súas catro familias principais, xunto a Diomedeidae (albatros), Procellariidae (pardelas) e Pelecanoididae.Frank Gill e David Donsker. Loons, penguins, petrels. IOC World Bird List versión 5.4. Os procelariformes son aves mariñas que se caracterizan por ter bicos con tubos nasais sobresaíntes e ás longas e estreitas, que lles permiten voar planando longas distancias sobre o mar.

O paíño de Wilson foi descrito polo zoólogo alemán Heinrich Kuhl en 1820,Peterson, A. P. Zoonomen. Zoological Nomenclature Resource - Procellariiformes co nome de Procellaria oceanica.Heinrich Kuhl (1820), Beitrage zur Zoologie und vergleichenden Anatomie, vol. 1 p.136 En 1840 foi trasladado como especie tipo ao xénero Oceanites, creado por Alexander Keyserling e Johann Heinrich Blasius. Recoñécense tres subespecies de paíño de Wilson. O. o. oceanicus - cría nas illas subantárticas; O. o. exasperatus - reprodúcese na Antártida, as illas Shetland do Sur e as Sandwich do Sur; O. o. chilensis - cría en Terra de Fogo.

O nome do xénero é de etimoloxía grega, xa que procede das oceánides, o nome das ninfas fillas dos deuses mitolóxicos do mar, Océano e Tetis.Jobling, James A. (2010) Helm Dictionary of Scientific Bird Names, 2ª ed., Christopher Helm, Londres. p. 279 Pola súa parte o nome específico é o termo latino oceanicus que significa 'oceánico'.

Distribución

Esta especie reprodúcese nas costas da Antártida e illas veciñas como as illas Shetland do Sur durante o verán do hemisferio sur. O resto do ano pásao no mar, e desprázase cara aos océanos do norte no inverno do hemisferio sur. É moito máis común no Atlántico norte que no Pacífico. Estableceuse que o paíño de Wilson é común ao leste da costa de Norteamérica no verán do norte e determinouse a abundancia estacional desta ave en augas apropiadas en Europa, incluídas as illas de Sicilia e Gran Bretaña.

É estritamente peláxica fóra da tempada de reprodución, e isto sumado ao remoto dos seus sitios de reprodución, fai que sexa difícil observalo en terra. Só durante grandes tormentas esta especie pode que se achegue a terra.

É unha ave cunha gran poboación distribuída nunha ampla área polo que se clasifica como especie con status "pouco preocupante" na Lista Vermella da IUCN.

Comportamento e ecoloxía

Ten un voo máis directo e planado que outros paíños, e como a maioría deles adoita voar a pouca distancia da superficie do océano e acostuma a planar tocando coas patas a auga mentres pesca co bico na superficie. Mesmo en calma a leve brisa que se produce polas ondas é dabondo para mantelo planando mentres se estabiliza coas patas. Igual que o paíño pequeno é unha ave moi gregaria, e tamén adoita seguir os barcos. Aliméntanse principalmente de invertebrados do plancto da superficie, e rara vez se mergullan máis para capturar unha presa. Por veces poden pescar peixes de entre 3 e 8 cm de longo da familia Myctophidae.

Cos seus 40 g de media é o animal de sangue quente máis pequeno que cría na rexión antártica. Aniña preto do mar nos ocos entre as rochas ou pequenos buratos na terra mol. No interior do seu niño pon só un ovo branco. Igual que os seus parentes, a súa capacidade para camiñar é limitada e adoita arrastrase sobre os tarsos para introducirse no seu tobo. No ártico os niños poden ser cubertos pola neve, o que causa a perda dos pitos. Nos lugares de nidificación é estritamente nocturno para evitar as gaivotas e os papamerdas que depredan nel, e evita chegar ao niño incluso nas noites con lúa clara. Os dous proxenitores incuban e alimentan o único pito. O pito emite chamadas e pide comida máis vigorosamente cando ten fame. Os pitos permanecen no niño uns 60 días, onde é alimentado con krill, peixes e anfípodos. Os adultos poden identificar na escuridade o seu niño e a súa parella por medio do olfacto.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Beck, J.R & Brown, D.W. 1972. The Biology of Wilson's Storm Petrel, Oceanites oceanicus (Kuhl) at Signy Island, South Orkney Islands. British Antarctic Survey Scientific Reports No. 69. Bourne, W.R.P. 1983. Letters (The ‘yellow webs’ of Wilson’s Storm-petrel). British Birds 76(7): 316-317. Bourne, W.R.P. 1987. Parallel variation in the markings of Wilson’s and Leach’s Storm-petrels. Sea Swallow 36: 64. Bourne, W.R.P. 1988. Letters (John Gould and the storm-petrels). British Birds 81(8): 402-403. British Ornithologists’ Union 2008. British Ornithologists’ Union Records Committee: 36th Report (novembro de 2007). Ibis 150: 218-220. Copestake, P.G. & Croxall, J.P. 1985. Aspects of the breeding biology of Wilson's Storm Petrel Oceanites oceanicus at Bird Island, South Georgia. British Antarctic Survey Bulletin 66: 7-17. Croxall, J.P. et al. 1988. Food and feeding ecology of Wilson’s storm petrel Oceanites oceanicus at South Georgia. Journal of Zoology 216: 83-102. Curtis, W.F. 1988. An example of melanism in Wilson’s Storm-petrel. Sea Swallow 37: 63. Flood, R.L. 2011. Notes (Wilson’s Storm-petrel with white stripes on the underwing). British Birds 104(5): 272-273. Gebczynski, A.K. 2003. The food demand in the nest of Wilson’s storm petrel. Polish Polar Research 24(2): 127-131. Orgeira, J.L. 1997. Nidificacion y hábitat del Petrel de Wilson (Oceanites oceanicus) en Punta Cierva, Costa de Danco, peninsula Antarctica [Nesting habitat of Wilson’s Petrel (Oceanites oceanicus) at Cierva Point, Danco, Antarctic peninsula]. Ornitologia Neotropical 8: 49-56. Orgeira, J.L. 1997. Short communications (An infrared device for finding Wilson’s Storm Petrel Oceanites oceanicus nests). Marine Ornithology 25: 75-76. Quillefeldt, P. 2002. Seasonal and annual variation in the diet of breeding and non-breeding Wilson’s storm-petrel on King George Island, South Shetland Islands. Polar Biology 25: 216-221.

Wasilewski, A. 1986. Ecological aspects of the breeding cycle in the Petrel de Wilson, Oceanites oceanicus (Kuhl), at King George Island (South Shetland Islands, Antarctica). Polish Polar Research 7: 173-216.

Categoría:Hidrobátidos Categoría:Oceanítidos Categoría:Animais descritos en 1820