Cuítiva é un concello colombiano que se atopa na provincia de Sugamuxi no departamento de Boyacá. É unha das tres poboacións que se atopan bordeando a lagoa de Tota. Está situada a uns 85 quilómetros ó leste da cidade de Tunja. O concello limita polo norte con Iza, polo oriente con Sogamoso, polo occidente con Aquitania e polo sur co concello de Tota.

A capela doutrineira do concello, construída no século XVII é un Monumento Histórico Nacional.Inventario de monumentos nacionales, Ministerio de Cultura, 21 de decembro de 2007.

Xeografía O concello conta con once vereas, o centro urbano e dous territorios insulares no lago de Tota. As augas territoriais do concello son limitadas ó sur co concello de Tota e ó leste co concello de Aquitania.

Economía esquerda|miniatura|Verea Buireros e Los Llanos de Alarcón. Os principais factores de ingreso económico de Cuítiva son a agricultura e a gandaría. Debido á súa localización á beira da lagoa de Tota, o turismo tamén é un sector importante da economía do concello.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Concellos de Boyacá Categoría:Confederación muisca