Raquel Casal García, nada en Pontevedra o 16 de decembro de 1944, é unha historiadora e arqueóloga galega.
Traxectoria Fixo o bacharelato en Pontevedra. Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1967) coa tesiña La imaginería religiosa en Pontevedra, é doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1981). Foi profesora axudante de Arqueoloxía (1969-1982) e profesora adxunta dende 1982.
Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e do Seminario de Estudos Galegos
Fixo escavacións nos castros de Neixón (Boiro) e Troña (Ponteareas) e no castelo da Rocha (Padrón).
Foi subdirectora xeral do Patrimonio Histórico Artístico (1983-84), directora xeral do Patrimonio Artístico e Monumental (1984-86) e directora xeral de Cultura (1986-88).
Vida persoal Casou con José Martínez Couselo, xornalista, e tivo catro fillos, entre eles Pepe Martínez, adestrador de baloncesto e Raquel Martínez Casal, xornalista. O seu xenro é Rafa Sisto, alcalde de Teo. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas «O Hostal era un sitio cobizado para estudar polas tardes, tiña calefacción», La Voz de Galicia, 2-8-2008.
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1944 Categoría:Arqueólogos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes