Paderne foi un apeadoiro de RENFE arredor do p. k. 9,5 da liña Betanzos-Infesta - Ferrol, para dar servizo ao concello de Paderne.

Historia Foi construído a medio camiño entre as estacións de Betanzos-Cidade e Miño-Castro aínda que afastado das aldeas da zona, condición imposta pola Lei de Policía de Ferrocarrís da época, que dispuña que estas paradas tiñan que se instalar en puntos nos que puidesen dar servizo a varios núcleos de poboación e que, asemade, non podían estar a máis de 3 quilómetros de cada un dos mesmos.

Gozaba dun predio de viaxeiros construído en pedra con tellado a dúas augas do que aínda se poden ollar os muros en ruínas a carón da vía. O auxe deste apeadoiro tivo lugar entre as décadas de 1930 e 1970, grazas a que constituía o punto de partida dos produtos do agro da zona principalmente cara a cidade de Ferrol.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Vídeo: FF. CC. Betanzos - Ferrol

Paderne Categoría:Paderne Categoría:Paderne sen imaxes Categoría:Estacións de tren de Galicia sen imaxes