|Section2=
O ácido punícico, tamén chamado ácido tricosánico, é un ácido graxo poliinsaturado, 18:3 cis-9, trans-11, cis-13. Recibe o seu nome pola granada ou milgranda, (Punica granatum), e obtense do aceite das sementes da granada. Tamén se encontra en aceites das sementes de Trichosanthes cucumerina.
É un ácido linolénico conxugado; é dicir, ten tres dobres enlaces conxugados. É quimicamente similar aos ácidos linoleicos conxugados que teñen dous. Foi erradamente clasificado como un ácido graxo poliinsturado "n-5" ou "omega-5" porque o enlace dobre está localizado a cinco carbonos do carbono terminal "omega", pero, en realidade, a notación "n-x" só se pode aplicar aos ácidos graxos poliinsturados todo cis, interrompidos por metilenos.
En ratas de laboratorio, o ácido punícico era convertido ao ácido linoleico conxugado ácido ruménico (9Z11E-CLA). In vitro, mostra actividades anticanceríxenas contra as células do cancro de próstata. As ratas OLETF, unha cepa de ratas que se fan obesas, permanecen relativamente delgadas cando se engade ácido punícico ao seu alimento. esquerda|miniatura|O ácido púnico constitúe un 65% dos ácidos graxos do aceite de sementes de granada ou milgranda.
Notas
Categoría:Ácidos graxos