Agustina Álvarez de Rovina, nada en Ávila en 1881 e finada en Vigo o 13 de xaneiro de 1971, foi unha xornalista e política galega, a primeira xornalista profesional de Vigo.

Traxectoria

Residiu en Vigo dende 1918. Dedicouse a tarefas docentes. Comezou a formar parte da redacción de Faro de Vigo en 1923 e ocupouse durante moitos anos da sección relixiosa do periódio. Tamén formou parte da redacción do xornal Galicia. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeada concelleira de Vigo xunto con Margarita Losada Pardo, tomando posesión o 18 de xaneiro de 1927. Foi directiva da Asociación da Prensa de Vigo."Las mujeres entran en la corporación municipal" (18/1/2016) La Voz de Galicia . Xubilouse en xullo de 1959. Finou en Vigo o 12 de xaneiro de 1971.Faro de Vigo, 13-1-1971, p. 9. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Ávila Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en 1971 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes