O ácido dotriacontanoico ou ácido laceroicoCHEBI Lacceroic acid é un ácido graxo de cadea lineal saturado con 32 átomos de carbono, coa fórmula molecular , simbolizado como C32:0.

O ácido dotriacontanoico a temperatura ambiente moderada é sólido e funde a 96,2 °C. É soluble en cloroformo, en acetona quente e benceno quente.LipidBank - Fatty acid (DFA0032) . [Consulta: 19 de febrero 2018]. O seu nome común de ácido laceroico, provén de que foi illado da laca animal,Markley, K.S. Fatty Acids. Interscience Publishers, 1960. unha secreción resinosa de cor escarlata que producen un gran número de especies de insectos, como os dos xéneros Metatachardia, Laccifer, Tachordiella, Austrotacharidia, Afrotachardina e Tachardina ou dentro da familia Coccoidea. Atopouse tamén nalgunhas plantas, como Anagallis arvensis.Middleditch, B. S. Kuwaiti Plants: Distribution, Traditional Medicine, Pytochemistry, Pharmacology and Economic Value. Elsevier, 2012-12-02. ISBN 0444598499.

Fontes e derivados O ácido dotriacontanoico pode obterse da saponificación do laceril laceroato ou por oxidación do lacerol e purificación do produto. Ou pode illarse da cera de laca.

O seu derivado etil laceroato pode obterse como un sólido cristalino (forma placas rómbicas, que funden a 76 °C) pola acción do gas HCl sobre o ácido dotriacontanoico ou laceroico en alcohol absoluto fervendo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ácido laceroico en Nature Lipidomics Gateway

Categoría:Ácidos graxos