Anžejs Pasečņiks, nado o 20 de decembro de 1995 en Riga, é un xogador letón de baloncesto profesional que xoga no Real Betis Baloncesto da Liga ACB.
Traxectoria profesional En agosto de 2015, Pasečņiks asinou un contrato co CB Gran Canaria da Liga ACB. Na súa primeira tempada xogou no filial do equipo canario na Liga EBA.
O 22 de xuño de 2017, Pasečņiks foi elixido na 25ª posición do Draft da NBA de 2017 polos Orlando Magic. Na mesma noite do Draft foi traspasado ós Philadelphia 76ers a cambio de dúas futuras eleccións do Draft.
O 16 de outubro de 2019, Pasečņiks asinou cos Washington Wizards. Tres días máis tarde, foi cortado polos Wizards. O 17 de decembro de 2019, Pasečņiks asinou de novo cos Wizards. O 12 de xaneiro de 2020, Pasečņiks asinou un contrato multianual cos Wizards. O 17 de xaneiro de 2021, os Wizards cortaron a Pasečņiks.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com Perfil en Eurobasket.com
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Riga Categoría:Xogadores de baloncesto de Letonia Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Orlando Magic Categoría:Xogadores do VEF Rīga Categoría:Xogadores do CB Gran Canaria Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores do CB Sevilla