Andrónico Asen, finado en 1322, foi o gobernador da provincia bizantina de Morea entre 1316 e 1322.

Traxectoria Andrónico Asen era o fillo do tsar búlgaro Iván Asen III e Irene Palaeoloxina, irmá do emperador bizantino Andrónico II Paleólogo.

Os seus pais tiveron que fuxir do país en 1280 durante a revolta de Ivaylo e refuxiáronse no territorio bizantino. Tras a morte de Miguel Cantacuzeno, Andrónico II deulle a Andrónico Asen o goberno da pequena provincia bizantina de Morea (parte sur-oriental da península).

Cantacuzeno xa conseguira consolidar a provincia e coñeceu algún éxito contra o principado franco de Acaia no norte. Asen continuou do mesmo xeito, aproveitando a disensión interna en Acaia. Conquistou unha gran parte do territorio no centro da Morea. En 1320, tomou os castelos de Akova, Polifengo, Karitaina e San Xurxo, en Skorta. Familia Andrónico Asen estaba casado cunha tal Tarchaneiotissa, filla do protostrator Miguel Glabas Tarchaniotes.

Tiveron, polo menos, catro fillos:

Manuel Comneno Raúl Asen, estratego en 1342 en Didymoteicho (1342), e, a continuación, gobernador de Bizye en 1344. Xoán Asen, gobernador de Melenikon (1342) e Morrha (1343). Irene Asanina, muller de Xoán VI Cantacuzeno, e cuxa filla Helena casou con Xoán V Paleólogo. Helene Asanina, que morreu nova.

Categoría:Finados en 1322 Categoría:Déspotas de Morea Categoría:Nados no século XIII