Dragan Bender, nado o 17 de novembro de 1997 en Čapljina, é un xogador profesional de baloncesto croata. Cunha estatura de 2,16 metros xoga nas posicións de ala-pivote e pivote.
Traxectoria profesional O 23 de xuño de 2016, Bender foi seleccionado na 4ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Phoenix Suns. O 7 de xullo de 2016, Bender asinou cos Suns o seu contrato coma rookie.Suns Sign Dragan Bender, Marquese Chriss and Tyler Ulis Debutou na NBA cos Suns o 26 de outubro de 2016 contra os Sacramento Kings. En tan só 12 minutos de xogo, saíndo dende o banco, fixo 10 puntos na derrota dos Suns por 113-94.
O 25 de xullo de 2019, Bender asinou un contrato de dous anos cos Milwaukee Bucks.Bucks, forward Dragan Bender agree to deal Bender foi asignado ós Wisconsin Herd da NBA G League para o comezo da tempada. O 10 de febreiro de 2020, Bender foi cortado polos Bucks.
O 23 de febreiro de 2020, Bender asinou un contrato de dez días cos Golden State Warriors. O 5 de marzo de 2020, asinou un novo contrato de dez días cos Warriors.
O 23 de agosto de 2022, anunciouse a fichaxe de Bender por unha tempada polo Obradoiro CAB da Liga ACB.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com
Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados no cantón de Hercegovina-Neretva Categoría:Xogadores de baloncesto de Croacia Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores do KK Split Categoría:Xogadores do Maccabi Tel Aviv BC Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores do Obradoiro CAB