O neerlandés flamengo (vlaams-nederlands), ou simplemente flamengo (vlaams), é o dialecto ou variedade rexional da lingua neerlandesa falada en Flandres polo pobo flamengo, e polo tanto unha das linguas de Bélxica. O neerlandés era falado orixinalmente na zona da desembocadura dos ríos Rin, Escalda e Mosa que aproximadamente cubría os actuais Países Baixos, Norte de Bélxica, Norte de Francia (Dunkerque, Calais) e unha pequena parte do noroeste de Alemaña.

A guerra dos Oitenta Anos (1568-1648) provocou a división das Dezasete Provincias nas Provincias Unidas ó norte e os Países Baixos do Sur ó sur. Esta separación política entre as provincias neerlandófonas provocou que en cada zona a lingua sufrise unha evolución con algunhas singularidades.

A hexemonía das provincias de Flandres no sur e de Holanda no norte deu lugar a que, de maneira algo informal, se usase o termo flamengo para distinguir as peculiaridades do sur e holandés para as do norte, aínda que ambos deben ser considerados dous dos principais dialectos do neerlandés.

Ademais, cada cidade, vila e aldea ten a súa propia fala, case sempre en progresivo declive.Nos últimos anos, as autoridades están interesadas en manter o legado das linguas locais e nalgunhas cidades danse cursos do dialecto local. Este interese é máis salientable en Flandres occidental, a área con máis singularidades. O conxunto de todos os dialectos falados na rexión de Flandres sería o que se adoita chamar lingua flamenga.

Distribución dos dialectos

Existen en realidade moitos dialectos do neerlandés, tanto nos Países Baixos como en Bélxica, se ben as singularidades que se atopan en Flandres son máis rechamantes.

Unha rápida clasificación que adoita facerse é reducir os seus dialectos a dous, holandés no norte e flamengo no sur. Nunha clasificación máis polo miúdo teríamos oito variantes principais que en realidade serían grupos de dialectos locais.

Os mapas amosan a distribución dos dialectos do neerlandés, obviando algunhas peculiaridades que se dan nalgunhas cidades. O baixo saxón neerlandés, o zelandés e o limburgués amósanse tamén como dialectos, se ben é discutible se se trata dun dialecto ou unha lingua diferenciada, pois nas linguas xermánico-occidentais é moi problemático estabelecer unha clara fronteira entre dialecto e lingua.

250px|miniatura|.250px|miniatura|Suriname.250px|miniatura|Antillas Neerlandesas.

AGrupo suroccidental

BGrupo noroccidental (holandés)

CGrupo nororiental (baixo saxón neerlandés)

DGrupo central-setentrional

EGrupo central-meridional

FGrupo suroriental

GSuriname

HAntillas Neerlandesas e Aruba

Flamengo é como se denomina en xeral ó conxunto de dialectos do sur, marcados cos números 1, 22, 23 e 24*.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Flamengo occidental Lingua neerlandesa

Categoría:Lingua neerlandesa Categoría:Linguas de Bélxica