O Sikorsky SH-3 Sea King (designación da compañía S-61) é helicóptero antisubmarino de dous motores deseñado e construído por Sikorsky Aircraft. O seu desexo foi un fito ao tratarse do primeiro helicótero anfibio e un dos primeiros en usar motores turboeixo.Leoni 2007, p. 251

O Sea King ten a súa orixe nos esforzos da Armada dos Estados Unidos como un medio de contrarrestar a crecente ameaza dos submarinos soviéticos durante os anos 50. En consecuencia, o helicóptero foi desenvolvido especificamente para ofrecer unha plataforma antisubmarina capaz. O Sea King foi inicialmente designado HSS-2 coa intención de implicar un certo grao de puntos en común co anterior HSS-1, posteriormente recibiu a designación SH-3A a principios dos anos 60.

Introducido en 1961, operou na Armada estadounidense como un activo antisubmarino e utilitario clave durante varias décadas antes de ser substituído polo non anfibio Sikorsky SH-60 Seahawk nos ano 90. O Sea King tamén realizou outros roles e misións como busca e rescate, transporte, evacuación médica, operacións anti-buque e alerta temperá. Varios Sea King, operados pola unidade HMX-1 do Corpo de Marines, son usados como helicópteros oficiais do Presidente dos Estados Unidos co indicativo 'Marine One'.

O Sea King tamén demostrou ser popular no mercado de exportación e incluso chego a ser vendido a operadores civís. En 2015 aínda quedaban moitos exemplares en servizo en nacións de todo o mundo. O Sea King foi fabricado baixo licenza por Agusta en Italia, Mitsubishi no Xapón e Westland no Reino Unido como o Westland Sea King. As principais vesións civís son o S-61L e o S-61N.

Desenvolvemento

Orixe miniatura|SH3H. Durante a guerra fría a Armada soviética fabricou unha gran e variada frota de submarinos que chegou a pasar das 200 unidades operativas. A Armada dos Estados Unidos decidiu contrarrestar esta ameaza mellorando e desenvolvendo varias capacidades de guerra antisubmarina (ASW), que resultarían no desenvolvemento do Sea King.Fieldhouse e Taoka 1989, pp. 70-71, 74 A finais dos anos 50 a Armada estadounidense estaba ansiosa por aproveitar os novos progresos realizados nos motores turboeixo e encargou un helicóptero naval para os seus propósitos. Sikorsky rcibiu unha petición da Armada de deseñar un novo helicóptero de turbina capaz de realizar misións antisubmarinas; a especificación proporcionada incluía un sónar de inmersión, catro horas de duración de misión, e a habilidade de poder levar unha carga de armas de 840 libras.Mutza 2010, p. 106

En 1957 Sikorsky foi premiada cun contrato para producir un helicóptero anfibio todo-tempo para a Armada. Segundo as especificacións anteriores este novo helicóptero debería sobresaír na loita antisubmarina; en particular, combinaría os roles de cazador e asasino, xa que esas tarefas foran anteriormente realizadas por dous helicópteros distintos.Chant 1988, p. 464 Tamén foi o primeiro helicóptero adquirido baixo o novo concepto de sistema de armas da Armada, baixo o cal Sikorsky era responsable non só do deseño e fabricación da célula, senón tamén de todos os principais sistemas a bordo do aparello, como o sónar, o equipo de navegación, os dispositivos electrónicos e o equipamento de apoio. Como tal, a suite de navegación para o helicóptero foi desenvolvida de forma conxunta por Sikorsky e pola Armada.

As características clave do helicóptero ASW emerxente incluirían o seu casco anfibio, permitindo ao aparello realizar amaraxes doadamente, e a adopción dun arranxo de motor turboeixo drobre que permitía un aparello máis grande, máis pesado e mellor equipado que o posible en anteriores helicópteros.Jackson 2005, p. 207 A designación HSS-2 aplicouse para implicar un certo nivel de características comúns co anterior HSS-1, no caso de que os sentimentos políticos se opuxesen ao desenvolvemento dun helicóptero totalmente novo. Fabricáronse un total de dez prototipos para apoiar o programa de desenvolvemento. En marzo de 1959 o primeiro deles realizou o seu voo de estrea.

A principios de 1961 un par de prototipos foron estacionados no portaavións Lake Champlain para cumprir unha demanda de probas sobre a adecuación do aparello aos portaavións; esas probas, onde se comprobou o mecanismo de pregado das palas do rotor principal e unha serie de engalaxes con ventos de máis de 50 mph, completáronse con éxito a mediados de 1961.Mutza 2010, p. 107 Pouco despois de rematar esas probas a Armada aceptou formalmente a entrega do primeiro HSS-2, que posteriormente sería redesignado como o SH-3A en setembro de 1961.Frawley 2003, p. 194 Tras entrar en servizo non era só o helicóptero anfibio máis grande do mundo, senón tamén o primeiro helicóptero todo-tempo en ser producido para a Armada estadounidense.

A finais de 1961 e comezos de 1962 usouse un HSS-2 Sea King da Armada modificado para bater os récords de velocidade da FAI de 3 km, 100 km, 500 km e 1 000 km. Esta serie de voos remataron o 5 de febreiro de 1962 establecendo o HSS-2 un récord absoluto de velocidade en helicópteros de 210,6 mph. Este récord foi superado por un Sud-Aviation Super Frelon francés modificado o 23 de xullo de 1963 que alcanzou unha velocidade de 217,7 mph.

Notas

Bibliografía Chant, Christopher. A Compendium of Armaments and Military Hardware. Londres: Routledge, 1988. . Fieldhouse, Richard e Taoka Shunji. Superpowers at Sea: An Assessment of the Naval Arms Race. Oxford, UK: Oxford University Press, 1989. . Frawley, Gerard. The International Directory of Civil Aircraft, 2003–2004. Fyshwick, Australian Capital Territory: Aerospace Publications Pty Ltd, 2003. . Jackson, Robert, ed. "Sikorsky S-61/SH-3 Sea King." Helicopters: Military, Civilian, and Rescue Rotorcraft (The Aviation Factfile). Londres: Grange Books Ltd, 2005. . Leoni, Ron D. Black Hawk: The Story of a World Class Helicopter. Reston, Virginia: American Institute of Aeronautics and Astronautics, 2007. . Mutza, Wayne. Helicopter Gunships: Deadly Combat Weapon Systems. Specialty Press, 2010. .

Categoría:Helicópteros Categoría:Aeronaves de Sikorsky Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1959