Pantis é un proxecto en solitario do músico do Grove Rubén Domínguez, membro de bandas como Cudevaso, JIJIJI, Metralletas Lecheras, Telephones Rouges e Chicharrón.

Pantis publicou o seu primeiro traballo, Pranto, en febreiro de 2016. Domínguez gravou todos os instrumentos agás a batería, interpretada por Cibrán Tenreiro (Monstruo, Esposa). En febreiro de 2018 Domínguez publicou o sinxelo "Mar", que ese mesmo ano aparecía no recompilatorio Galician Bizarre III.

En febreiro de 2019 editouse o sinxelo "Val", producido por Pantis e Hevi. En outubro dese ano Domínguez publicou o seu segundo traballo, Baldíos, gravado entre 2017 e 2019 en varias cidades. O álbum conta novamente coa colaboración de Cibrán Tenreiro e de Mar Catarina.

O 4 de novembro de 2025 Pantis publicou o seu terceiro álbum de estudio, memoria nova, gravado no estudio Terraforma do Hío.

Discografía Álbum Ano Selo Pranto 2016 Prenom Baldíos 2019 Prenom memoria nova 2025 Prenom

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Bandcamp de Pantis

Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais de pop Categoría:Grupos musicais de krautrock Categoría:Grupos musicais de música electrónica