miniatura|dereita|A división do Imperio Bizantino tras a cuarta Cruzada. A Partitio terrarum imperii Romaniae (en galego, "partición das terras do imperio romano [bizantino]") foi un tratado asinado despois do saqueo da capital bizantina, Constantinopla, pola Cuarta Cruzada en 1204. Estableceuse o Imperio latino e dispúxose a partición do territorio bizantino entre os participantes da cruzada, coa República de Venecia sendo a gran beneficiada.
Historia O tratado, que foi promulgado a finais de setembro ou principios de outubro de 1204 ou (segundo Nikolaos Oikonomides) inmediatamente despois da captura en abril-maio de 1204, foi elaborado por unha comisión de 24 homes que constaba de 12 venecianos e 12 representantes dos outros líderes cruzados. Déronlle ao emperador latino o control directo dunha cuarta parte do territorio bizantino, a Venecia, tres oitavas - incluíndo tres oitavas da cidade de Constantinopla, con Santa Sofía - e o restantes tres oitavas foron repartidas entre os demais líderes cruzados. Mediante esta división, Venecia converteuse no principal poder na Romania latina, e o verdadeiro poder detrás do Imperio Latino, un feito claramente ilustrado polo nobre título que o seu Dogo adquiriu: Dominator quartae et dimidiae partis totius Romaniae («O Señor dun cuarto e media cuarta parte de todo o Imperio romano»).
Consecuencias A Partitio Romaniae iniciou o período da historia grega coñecida como Francocracia ou Latinocracia, onde os nobres católicos europeos occidentais, maiormente de Francia e Italia, estableceron estados no antigo territorio bizantino e gobernaron sobre a maioría dos nativos gregos bizantinos ortodoxos.
Os termos da Partitio Romaniae non foron totalmente cumpridos, en parte pola resistencia dos nobres gregos, que fundaron estados independentes en Epiro, Nicea e Trebisonda, e tamén polos conflitos entre os propios cruzados. O propio Imperio latino estivo implicado nun conflito desastroso co poderoso Segundo Imperio Búlgaro, antes de ser vencido, en 1261, polos gregos do Imperio de Nicea. Relevancia como fonte histórica Dado que a partición do Imperio Romano de Oriente se fixo a partir de documentos e rexistros da chancelería imperial hoxe perdidos, a Partitio terrarum imperii Romaniae é unha fonte moi importante para coñecer as divisións administrativas (episkepsis) do Imperio de Oriente, das propiedades das grandes familias e das zonas aínda controladas polo vello imperio.
Provisións territoriais
Consonte as provisións do tratado, os territorios dividíronse na parte do Señor Dogo e comuna de Venecia (pars domini Ducis et communis Venetiae), a parte do Emperador Latino (pars domini Imperatoris), e o resto como a parte dos cruzados, ou "peregrinos" (pars Peregrinorum).