Yopal é un concello colombiano, capital do departamento de Casanare. A súa extensión territoral é de 2595 quilómetros cadrados, e sitúase a 335 quilómetros do distrito capital de Bogotá. Ten unha superficie de 2 771 km² e 146 204 habitantes (2017). Fundada por colonos boyacenses en 1915, é unha das capitais departamentais máis novas de Colombia e unha das cidades que rexistra máis rápido crecemento de poboación a nivel nacional, en especial despois da separación de Casanare do departamento de Boyacá (antigos territorios nacionais) por mor da constitución de 1991 e grazas á explotación petroleira.

Toponimia Yopal deriva o seu nome dunha árbore madeireira, típico da rexión, cuxo nome é "yopo". De feito, no sitio onde se sitúa no presente a cidade de Yopal existía un bosque destas árbores ou un yopal (bosque de yopos). O nome "yopo" provén da lingua indíxena dos salivas, e quere dicir corazón.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Cidades de Colombia Categoría:Concellos de Casanare