A Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego (APATRIGAL) é unha asociación de ámbito galego creada en Santiago de Compostela o 3 de xuño de 2016.

Traxectoria A asociación nace co obxectivo principal de defender a concienciación, difusión, valorización e investigación do patrimonio cultural galego. Os 11 socios fundadores pertencen a diferentes ámbitos profesionais como a arqueoloxía, arquitectura, antropoloxía ou xeografía.

O arquitecto Carlos Henrique Fernández Coto é presidente da asociación dende a súa fundación, no ano 2016. No ano 2020 foi reelixido como presidente.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Feísmo Ligazóns externas Blog de APATRIGAL

Categoría:Organizacións non gobernamentais Categoría:Asociacións culturais de Galicia Categoría:Cultura en Santiago de Compostela Categoría:Cultura de Galicia sen imaxes