Robinson Helicopter Company é un construtor de helicópteros civís baseado en Torrance, California. Robinson produce tres modelos: o R22 de dous asentos, o R44 de catro (os dous con motores de pistón Lycoming), e o R66 de cinco, que usa un motor de turbina.

Historia A compañía foi fundada en xuño 1973 por Frank Robinson, un antigo empregado de Cessna, Bell Helicopter e Hughes Helicopters. O seu primeiro helicóptero, o Robinson R22 de dúas prazas e con motor de pistón, foi introducido no ano 1979.

En 1992 apareceu o seu segundo deseño, o Robinson R44, seguindo a mesma filosofía que o R22 pero co motor máis potente Lycoming O-540 e con capacidade para catro persoas.

Os plans para a produción do Robinson R66 anunciáronse en marzo de 2007. É un helicóptero de cinco asentos cunha configuración semellante ao R44, pero cun compartimento para equipaxe, cabina máis ancha e cun motor de turbina de gas Rolls-Royce RR300.

En 2013 foi o líder mundial do seu mercado, vendendo 523 helicópteros lixeiros, cun 1% de incremento con respecto a 2012. Porén, a produción en 2014 foi de 329 aparellos. No ano 2015 a compañía estaba fabricando 1 R22, 4-5 R44 e 1-2 R66 por semana, e tiña un contrato con Rolls Royce para subministrar 100 turbinas RR300 turbinas por ano en 10 anos para o R66. A súa fábrica pode producir ata 1 000 helicópteros por ano.

Dende a entrega do seu primeiro helicóptero en 1979, Robinson Helicopter fabricou ao redor de 12 000 aparellos.

Produtos Robinson R22 Robinson R44 Robinson R66

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da compañía

Categoría:Construtores aeronáuticos Categoría:Empresas dos Estados Unidos de América