O emblema de Xerusalén é o símbolo oficial da cidade desde 1950. A figura principal do emblema é un León, que se mostra rampante, que representa ao León de Xudá, o símbolo da Tribo de Xudá e máis tarde o Reino de Xudá, cuxa capital era Xerusalén. O fondo do emblema representa as murallas de Xerusalén e o Muro das Lamentacións, e as ramas de oliveira representan a procura da paz. A inscrición encima do escudo é o nome en hebreo de Xerusalén (Ierushalaim).
Pouco despois da fundación do estado de Israel, o alcalde da cidade Gershon Agron creou un concurso de deseño entre deseñadores gráficos para o emblema da cidade. O deseño gañador foi realizado por un equipo dirixido por Eliyahu Koren, director e fundador do departamento gráfico do Fondo Nacional Xudeu, e un influente tipógrafo e deseñador de libros.
En 1943 o Municipio de Xerusalén aprobara un emblema diferente para a cidade, pero as autoridades do Mandato Británico nunca ratificaron esa decisión.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Bandeira de Xerusalén Cruz de Xerusalén León de Xudá
Categoría:Símbolos de Xerusalén