miniatura|225px|A dixitoxina, un fitosteroide e glicósido cardíaco encontrado nos estraloques (Digitalis purpurea).
Os fitosteroides ou esteroides vexetais son esteroides naturais que se encontran en plantas. Algúns esteroides de fungos, como o ergosterol considéranse tamén fitosterois. Exemplos son a digoxina, dixitoxina, diosxenina e guggulsterona, así como fitosterois como o β-sitosterol e outros fitoestróxenos como as isoflavonas. Outros exemplos son os brassicosteroides (uns polihidroxiesteroides), a catasteronas, fitoecdisteroides e as teasteronas (uns 22-hidroxisteroides).CHEBI phytosteroid
A formación de fitosteroides difire do proceso de formación dos esteroides animais en que se producen substitucións no C24 e/ou un dobre enlace no C22.Saccharomyces genome database. Gene Ontology Term: phytosteroid biosynthetic process
Os fitoesteroides presentes en alimentos vexetais poden interferir co sistema endócrino ao interaccionaren cos receptores de esteroides ou inhibiren encimas que interveñen no metabolismo de esteroides.Matthew Dean, Brian T. Murphy, Joanna E. Burdette. Phytosteroids beyond estrogens: Regulators of reproductive and endocrine function in natural products. Molecular and Cellular Endocrinology, 442. Feb. 2017.
Algúns fitosteroides teñen actividade larvicida, polo que poderían ter un uso como pesticidas. Os da planta Solanum nigrum presentan actividade contra larvas de mosquito.Rawani A, Ray AS, Ghosh A, Sakar M, Chandra G. Larvicidal activity of phytosteroid compounds from leaf extract of Solanum nigrum against Culex vishnui group and Anopheles subpictus. BMC Res Notes. 2017 Mar 23;10(1):135. doi: 10.1186/s13104-017-2460-9. PMID 28330500 . PMCID: PMC5363031
Outros esteroides extraídos de Alisma orientale mostraron actividade de inhibición de formación de osteoclastos en ratos, polo que favorecen o mantemento do tecido óseo e poderían ter un uso en doenzas nas que hai perda ósea, como osteoporose, artrite reumatoide ou periodontite.Ji-Won Lee et al. Alisol-B, a novel phyto-steroid, suppresses the RANKL-induced osteoclast formation and prevents bone loss in mice. Biochemical pharmacology 80(3):352-61 · August 2010. DOI: 10.1016/j.bcp.2010.04.014 ·
Notas
Categoría:Esteroides