Isabel Feodorovna Romanova (, Elizaveta Feodorovna Romanova), nada en Darmstadt o 1 de novembro de 1864 e finada en Alapaevsk, 18 de xullo de 1918, foi gran duquesa de Rusia, relixiosa e santa da Igrexa ortodoxa rusa. Foi neta da raíña Vitoria do Reino Unido. Ao casar co gran duque Sergei Aleksandrovich converteuse á Igrexa ortodoxa rusa. No ano 2000 foi canonizada como santa mártir xunto con algúns membros da familia Romanov executados polos bolxeviques durante a Revolución de Outubro. Foi filla do gran duque Luís IV de Hesse-Darmstadt e de Alicia do Reino Unido e irmá da última emperatriz de Rusia, Alexandra Feodorovna Romanova.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Os mártires de Alapaevsk

Categoría:Nados en 1864 Categoría:Finados en 1918 Categoría:Dinastía Romanov Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Venerados polas igrexas ortodoxas Categoría:Asasinados polo réxime soviético