Black is Beltza é un filme vasco de 2018 dirixido, producido e escrito por Fermin Muguruza. Estreouse no Festival Internacional de Cine de Donostia o 28 de setembro de 2018. Baséase na novela gráfica homónima de Muguruza e Harkaitz Cano. A banda sonora foi creada polo propio Muguruza e Refree.
Sinopse Ambientada no ano 1965, conta a historia de Manex Unanue, membro dunha comparsa de xigantes de Pamplona que é convidada a desfilar na Quinta Avenida de Nova York. Porén, por mor da discriminación, as autoridades locais prohiben a participación dos dous xigantes negros. Abocado a unha longa e inesperada viaxe, Manex será testemuña de acontecementos claves da historia: os disturbios raciais derivados do asasinato de Malcolm X, as excentricidades dos personaxes de The Factory, a alianza entre os servizos secretos cubanos e os Black Panthers, e a psicodelia proto-hippy dos primeiros festivais de música.
Personaxes
Unax Ugalde como Manex Unanue Ramon Agirre como Xebero Sergio Arau como Juan Rulfo Ramón Barea como Ramiro Josean Bengoetxea como Juanpe Lenval Brown como Jimmy Isaach De Bankolé como Wilson Clever Maria de Medeiros como Amira Jorge Ferrera coomo Eliseo Iseo como Amanda Tamayo Hamid Krim como Yassim Sergi López como Warren Phillips Valeria Maldonado como Esperanza Angelo Moore como Rudy Jorge Perugorría como Sarxento Bravo Emma Suárez como Laia Guillermo Toledo como Tenente Muñoz Ray Fernández como Antonovich komandantea Josean Bengoetxea como Pancho Villa Marieder Iriart como Iman
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua éuscara Categoría:Filmes do País Vasco Categoría:Filmes dirixidos por Fermin Muguruza