Jeronim Isidor Chimy, nado o 12 de marzo de 1919 en Radway (Canadá) e finado o 19 de setembro de 1992 en Vancouver (Canadá), foi un eclesiástico canadense greco-católico ucraíno, 1º bispo de New Westminster dende o 27 de xuño de 1974 até o seu pasamento.
Traxectoria Naceu nunha familia de ucraínos, fillo de Evstafii Chimy e Anna (de apelido de solteira Yahniy). Ao rematar a súa educación, uniuse á Orde de San Basilio Magno, facendo a profesión solemne o 27 de xullo de 1941. Foi ordenado sacerdote o 29 de xuño de 1944 logo de completar os estudos teolóxicos. Posteriormente marchou a Roma, onde doutorouse en Dereito canónico en 1966 pola Pontificia Universidade Lateranense. En Roma, entre 1961 e 1974 traballou na curia xeral dos basilianos, e a partir de 1966 foi tamén reitor do Pontificio Colexio Ucraíno de San Xosafat.
O 27 de xuño de 1974 foi nomeado por Paulo VI bispo da nova eparquía de New Westminster. Recibiu a consagración episcopal o 5 de setembro de 1974 de mans de Maksym Hermaniuk. Exerceu o cargo até o seu pasamento en Vancouver o 19 de setembro de 1992.
Notas
Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 1992 Categoría:Nados en Alberta Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Lateranense Categoría:Bispos católicos do Canadá Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Relixiosos católicos do Canadá Categoría:Basilianos de San Xosafat