Baia Fernández de la Torre, nada en Cuntis en 1980, é unha poeta, autora de teatro e terapeuta da risa galega.

Traxectoria É unha creativa a adestradora emocional que traballa co Reiki e o ARI e o ioga da risa. Imparte obradoiros nos colexios e institutos.

Obra Unha viaxe de ruminantes (2015). Pontevedra: Autoedición. 152 páxinas + CD. Puntada sobre puntada (teatro) Laia (2018). Betanzos: Autoedición. 152 páxs. Álbum ilustrado con obras de Leandro Lamas. Caracol, cara de col (2023). Ilustracións de Tania Solla. Conto ilustrado. Concibido para a cativada que padece dislexia e que trata sobre a importancia da autovaloración e da aceptación dunha mesma. O faiado das papoulas (2005). Verme. Ilustracións de Paula Pereira (Cavalinho do Demo). Deseñado por Martiño Picallo.

Premios

2º premio aRitmar en 2016 pola súa poesía Engano.

Notas

Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Cuntis Categoría:Nados en 1980