O castelo de Maside,"Ferreira de Pantón", Diciopedia do século 21. ou castelo de Masid, ou castelo de Ferreira,Castelo de Masid ou de Ferreira turismo.gal Xunta de Galicia é unha fortificación medieval situada no lugar da Torre na parroquia de Ferreira de Pantón no concello lugués de Pantón, situado na comarca de Terra de Lemos.
Ten a consideración de Ben de Interese Cultural por decreto de 1949,"Decreto de 22 de abril de 1949 sobre protección de los castillos españoles" BOE n.º 125, 5/5/1949 . ratificado en normativa posterior."Castelo de Ferreira" en "Relación de Bens de Interese Cultural de Galicia" p. 10. Xunta de Galicia, 1/10/2012.
Historia É un exemplo de arquitectura feudal do século XI, restaurado no século XIX por Joaquín Arias Sanjurjo. A fortaleza de Ferreira foi morada do caudillo irmandiño Diego de Lemos, morto en 1492 e soterrado na igrexa do mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón.
Descrición Exemplo de arquitectura defensiva medieval cun palacio apoiado e unha torre da homenaxe cadrada e ameada, con portas de entrada e un escudo. Na fachada destaca unha xanela, de estilo plateresco, enmarcada por dúas columnas estriadas exentas apoiadas nun pedestal labrado e coroada por un tímpano semicircular en forma de venera. miniatura|esquerda|Alzado e planta en Les Travaux de Mars ou l'Art de la Guerre, 1696, de Alain Manesson Mallet.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
(Asinado co pseud.: M. Hortas Vilanova).
Masid Categoría:Pantón Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia de Lugo