Antonio Roura Lenguas, nado na Coruña o 11 de xuño de 1937 e finado na mesma cidade o 20 de xuño de 2016, foi un sacerdote católico latino galego. Traxectoria Estudou na Grande Obra de Atocha, onde coñeceu a Baltasar Pardal Vidal. Entrou no seminario de Santiago de Compostela en 1957, e foi ordenado sacerdote o 4 de agosto de 1963 polo bispo auxiliar Miguel Novoa Fuente na igrexa de San Martiño Pinario.Outras fontes din que foi ordenado polo cardeal Fernando Quiroga Palacios; porén, o Boletín oficial do Arcebispado cita ao bispo auxiliar. En 1966 doutorouse en Socioloxía relixiosa en Roma pola Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino, e á súa volta á Coruña foi nomeado coadxutor da parroquia de San Xurxo. Durante a década de 1970 participou no Concilio Pastoral de Galicia.

O 23 de xaneiro de 1975 foi nomeado párroco; como párroco de San Xurxo, levou a cabo diversas restauracións no templo, no que desenvolveu unha ampla labor de formación relixiosa entre os seus fregueses. Tamén participou na fundación da Confraría da Paixón do Señor e de Nosa Señora do Maior Dor. Foi tamén durante un tempo administrador das parroquias de Coirós e Orro. Entre 1996 e 2010 foi arcipreste de Faro.

Foi membro da Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz, vinculada ao Opus Dei.

O seu funeral foi presidido polo bispo auxiliar Jesús Fernández.

Notas

Categoría:Nados en 1937 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Finados en 2016 Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica latina Categoría:Sacerdotes católicos do século XX Categoría:Sacerdotes católicos do século XXI Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino